Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.027

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 303/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo y Cía, con domicilio en Ponteareas no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. na rúa Braña, concello de Ponteareas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Sestelo y Cía a instalación dunha L.M.T. e un C.T. na rúa Braña, concello de Ponteareas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 27 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-0352