Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica de expediente 608/1996.

O expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución do 24 de xaneiro de 1996.

Expediente nº: 608/1996.

Obxecto: asesoría, organización, secretaría executiva, xestión e desenvolvemento dos actos conmemorativos do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 3.237.283 ptas./mes, IVE incluído.

Garantía provisional: 582.711 ptas.

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das titulacións académicas o profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

-Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

-Descripción do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integradas directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

-Declaración que indique a media anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos.

-Declaración do material, instalacións e equpo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

-Declaración das medidas adoptadas polo empresario para controla-la calidade, así como dos medios de estudio e de investigación de que dispoñan.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación deles sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocio global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, galerías, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade, (Rectorado, Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela ou no rexistro do campus universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

0524