Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación dos servicios que se citan (expediente 605 e 606/1996).

Os expedientes foron declarados de tramitación urxente por Resolución do 22 de xaneiro de 1996.

Expediente nº: 605/1996.

Obxecto: servicio de reprografía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Canon mínimo: 4.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 80.000 ptas.

Expediente nº: 606/1996.

Obxecto: servicio de reprografía.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Canon mínimo: 800.000 ptas.

Garantía provisional: 16.000 ptas.

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

-Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados daqueles.

-Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

-Declaración das medidas adoptadas polo empresario para controla-la calidade, así como dos medios de estudio e de investigación de que dispoñan.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a súa publicación sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocio global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-Plan de explotación.

-Número de persoas, con categoría profesional suficiente, computadas en xornada completa de 40 horas semanais, que prestarán servicios.

-Experiencia.

-Canon ofertado.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, galerías, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade, (Rectorado, Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela ou no rexistro do campus universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

0706