Visto o expediente instruído a instancia de Simón Pedro Barceló Vadell, na súa calidade de representante de Viajes Barceló, S.L., co número de identificación BAL-005 M/M, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na rúa Xeneral Pardiñas, 15-17 baixo de Santiago de Compostela da axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., que ten a súa casa central na rúa Avda. Alejandro Rosselló, 34-B de Palma de Mallorca (Baleares)..
Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/89, do 22 de xuño.
Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.
Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, sito na rúa Xeneral Pardiñas, 15-17 baixo de Santiago de Compostela, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.
Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,
RESOLVE:
Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., sita na rúa Avda. Alejandro Rosselló, 34-B de Palma de Mallorca, da que é representante Simón Pedro Barceló Vadell, a apertura dun novo establecemento na rúa Xeneral Pardiñas, 15-17 baixo, de Santiago de Compostela, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a
Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1996.
P.D. (Orde 4-10-1995)
Francisco García-Bobadilla Prósper
Secretario xeral para o Turismo
500