Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 922

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas

no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 13 de febreiro de 1996, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 5 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faránse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 8 de febreiro, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Madrid, 18 de xaneiro de 1996.

Francisco Michavila

Secretario xeral do Consello de Universidades

Sr. Vicesecretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

* Concursos convocados por resolución da universidade do 27-3-1995 (BOE do 22-4-1995).

Concurso nº: 1.

Nº sorteo: 29138.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: construccións navais.

Presidente titular: Ramón de Vicente Vázquez.

Vocal secretario titular: Ciriaco Muñóz Moreno.

Concurso nº: 3.

Nº sorteo: 29139.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: construccións navais.

Presidente titular: Ciriaco Muñóz Moreno.

Vocal secretario titular: Alfonso Javier García Ascaso.

Concurso nº: 5.

Nº sorteo: 29140.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: construccións navais.

Presidente titular: Ramón de Vicente Vázquez.

Vocal secretario titular: Alfonso Javier García Ascaso.

* Concursos convocados por resolución da universidade do 3-7-1995 (BOE do 29-7-1995).

Concurso nº: 28.

Nº sorteo: 29141.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: lóxica e filosofía da ciencia.

Presidente titular: Pascual Martínez Freire.

Vocal secretario titular: Juan Ramón Álvarez Bautista.

Concurso nº: 30.

Nº sorteo: 29142.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: José Antonio Redondo López.

Vocal secretario titular: Félix Ramón Doldan Tie.

Concurso nº: 31.

Nº sorteo: 29143.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: José Antonio Redondo López.

Vocal secretario titular: Félix Ramón Doldan Tie.

Concurso nº: 32.

Nº sorteo: 29144.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería do terreo.

Presidente titular: Francisco Javier Samper Calvete.

Vocal secretario titular: Manuel Juan Melis Mainar.

Concurso nº: 33.

Nº sorteo: 29145.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: Javier Zubillaga Zubimendi.

Vocal secretario titular: Vicente Uria Arostegui.

Concurso nº: 34

Nº sorteo: 29146

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química física.

Presidente titular: Florencio Arce Vázquez.

Vocal secretario titular: José Luis Armesto Barbeito.

Concurso nº: 35.

Nº sorteo: 29147.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: ciencias morfolóxicas.

Presidente titular: Daniel Toranzo Martínez.

Vocal secretario titular: Fernando Sánchez Hernández.

Concurso nº: 36.

Nº sorteo: 29148.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.

Presidente titular: Alfonso Pérez Guerra.

Vocal secretario titular: José Fernández Salas.

Concurso nº: 38.

Nº sorteo: 29149.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Félix Ramón Doldan Tie.

Vocal secretario titular: Fernando Jerónimo Aguiar Maragoto.

Concurso nº: 40.

Nº sorteo: 29150.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enfermería.

Presidente titular: José Manuel Mayán Santos.

Vocal secretario titular: Manuel Romero Martín.

Concurso nº: 41.

Nº sorteo: 29151.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: fundamentos da análeses económica.

Presidente titular: Juan Ramón Quintas Seoane.

Vocal secretario titular: Carlos Pateiro Rodríguez.

Concurso nº: 42.

Nº sorteo: 29152.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Presidente titular: Eliseo Alfonso Barca Lozano.

Vocal secretario titular: José Carlos Núñez Pérez.

95-0512