Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 29/1996, do 25 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Monforte de Lemos (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de dotación de servicios na rúa Paredes.

O Concello de Monforte de Lemos (Lugo), en sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 1994, aprobou o proxecto de dotación de servicios na rúa Paredes e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens

e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 7 de decembro de 1995 de baixo o número 13173.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 2 de xullo de 1995 co nº de Rexistro de Entrada 5144.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque a obra está incluída no Plan Provincial de Cooperación e porque esta rúa está situada en solo urbano e constitúe unha arteria fundamental para o tráfico rodado. É rúa antiga, perfectamente consolidada, pero que carece de servicios que non se acadou por vía amigable a disposición dos correspondentes terreos. A rúa ten moitas edificacións, incluso de varias plantas, e carece de servicios esenciais; sen ocupa-los terreos incluídos nos proxectos de expropiación non se poden acomete-los servicios, porque é imposible a conexión cos sistemas xerais, posto que esta conexión hai que efectuala polos terreos particulares. Hai que ter en conta a importancia da execución desta obra para interese público, de cara á xeneralidade do vecindario, ou sexa, que esta rúa transcende do interese dos habitantes do concello.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Monforte de Lemos (Lugo) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de dotación de servicios na rúa Paredes.

Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

96-584