Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

EDICTO.

En cumprimento do prevido polo artigo 117 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño en relación cos artigos 65.2º e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, a continuación insírase o acordo plenario adoptado en sesión do 18 de decembro de 1995, polo que se deu aprobación definitiva ó

proxecto de urbanización do parque empresarial de Ponteceso:

3. Aprobación definitiva proxecto urbanización parque empresarial Ponteceso.

Non solicitándose intervención ningunha, a presidencia somete o asunto a votación ordinaria, de forma que, por unanimidade dos concelleiros presentes, que forman a maioría absoluta do número legal dos membros desta corporación tal e como require o artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, adóptase o seguinte acordo:

1. Ratifica-lo contido íntegro do expediente de referencia, por considerar que este se axusta ás prescripcións previdas polos artigos 117, 119 e 121 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, artigos 141, 127 ó 130 e 132 ó 134 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, artigos 31 da Lei 11/1985, do 22 de agosto, e demáis disposicións concordantes de aplicación e, consecuentemente, aprobar definitivamente o proxecto de ubanización do parque empresarial de Ponteceso, redactado pola empresa Ingeniería del Atlántico, S.A. (I.D.A.S.A.), por encargo de Xestur, A Coruña, tal e como foi aprobado inicialmente en sesión plenaria do 24 de xullo de 1995, xa que no período de alegacións, non foi presentada ningunha, quedando redactado o indicado instrumento tal e como foi presentado.

2. Publica-lo presente acordo no BOP e no Diario Oficial de Galicia, acordo que é firme na vía administrativa, polo que unha vez transcorrido o prazo sinalado por artigo 70.2º en relación co 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, poderase recorre-la presente ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de cumprimento do prevido polo artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. Sen prexuízo do acordado no apartado precedente, comunícaselle o presente acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, así como os organismos que inteviñeron no presente expediente.

Ponteceso, 26 de decembro de 1995.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde

76