Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación de cursos de expertos en creación de empresas correspondentes ó programa Lanza 96.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) de cursos de formación en expertos en creación de empresas.

1. Entidade contratante: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16- baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 87, Fax: (981) 59 04 67.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.

3. Obxecto do contrato: lote 1 e lote 2: consistentes cada un deles no diseño, programación, organización e impartición dun curso de expertos en creación de empresas.

Os licitadores poderán presenta-las súas proposicións referidas a un, varios ou tódolos lotes ofertados, indicándoo no anverso do sobre de presentación da súa proposición.

4. Orzamento máximo de licitación: catro millóns novecentas trinta e seis mil pesetas (4.936.000 ptas.), sen incluír IVE, distribuído entre os diferentes lotes a razón de dous millóns catrocentas sesenta e oito mil pesetas (2.468.000 ptas.) sen incluír IVE, cada un.

5. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do Igape, sita en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela (A Coruña) durante o prazo de presentación das proposicións os días e horas hábiles de oficina.

6. a) Data límite de recepción de proposicións: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Lugar de presentación de proposicións: en sobre cerrado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

7. Apertura de proposicións: en acto público, ás 11 horas do terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

8. a) Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación para cada lote ofertado.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do contrato.

9. Documentos que deben achega-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas do concurso.

11. Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituo Galego de Promoción Económica

0652