Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 891

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PRESIDENCIA

ACORDO do 29 de xaneiro de 1996, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes aprobados e os que, de acordo coa base II.I.I. da Orde do 24 de setembro de 1994, se presenten pola quenda de promoción interna.

Primeiro: as listas de aspirantes, coas puntuacións do primeiro exercicio, están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Santiago de Compostela e poderanse consultar a través dos teléfonos (902) 12 00 12 e (981)54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo: o segundo exercicio celebrarase o día 24 de febreiro de 1996, ás 9 horas, no salón de actos grande da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en San Caetano (Santiago de Compostela).

Así mesmo, de acordo coa base II.I.I. da referida orde, quedan convocados o mesmo día e hora os aspirantes de promoción interna.

Terceiro: poderase levar ó exame o seguinte material:

-Calculadora non programable.

-Plan xeral de contabilidade e textos legais, ámbolas dúas sen comentarios.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado, media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos do DNI.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Margarita Rodríguez Rama

Presidenta do tribunal

73