Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 839

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (99/1995).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Certifico que neste xulgado se seguen autos de medidas provisionais co nº 99/1995, por instancia de Marina María Pérez Treviño, representada polo procurador Fernández Pérez, contra Francisco Valeiras Sánchez, nos que con data trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco, se dictou auto, que ten como feito e parte dispositiva o seguinte:

Feitos:

1. Que o procurador Raniero Fernández Pérez, en nome e representación de Marina María Pérez Treviño, acudiu ó xulgado para formular demanda de separación conxugal contra Francisco Valeiras Sánchez, solicitando a adopción das medidas provisionais seguintes:

1.1. As que recollen os artigos 102 e 103 do Código Civil.

1.2. Que a esposa habite no último domicilio conxugal.

1.3. Que tódolos mobles e utensilios que existen con carácter exclusivo e exluínte e,

1.4. Que o esposo aboe á esposa a suma de cincuenta e cinco mil pesetas cada mes, que debe ingresar do un ó cinco, na entidade bancaria que cite a esposa perante o xulgado.

2. Que en providencia do tres de abril de mil novecentos noventa e cinco, se acordou ter por parte ó procurador Raniero Fernández Pérez, en nome e representación de Marina María Pérez Treviño, e se admitiu a trámite a demanda, acordándose o emprazamento do demandado Francisco Valeiras Sánchez, e o sinalamento de comparecencia para o día quince de maio ás dez horas e chegado o día a parte demandante ratificou integramente a demanda, solicitando o recibimento a proba e non comparecendo o demandado Francisco Valiñas Sánchez, constando a súa citación en autos, publicada no Diario Oficial de Galicia, e propondo a parte actora como medios probatorios os de confesión xudicial e testifical, practicada a proba testifical co resultado que consta nos autos.

Parte dispositiva:

Polo exposto:

S.Sª, perante min, a secretaria xudicial, dixo: que acordaba a separación provisional dos cónxuxes Marina María Pérez Treviño e Francisco Valeiras Sánchez, encomendándolle á esposa o uso do domicilio conxugal, así como, de tódolos mobles e utensilios con carácter exclusivo e fixando, en concepto de pensión alimenticia para a esposa, a cantidade de cincuenta e cinco mil pesetas mensuais, pagadoiras dentro dos cinco primeiros días de cada mes por Francisco Valeiras Sánchez, cifra que ha de ser actualizada anualmente, segundo o índice que publique o Instituto Nacional de Estatística, para os prezos ó consumo.

E para que así conste e lle sirva de notificación a Francisco Valeiras Sánchez, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1995.

A secretaria

Rubricado

605