Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 836

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (57/1995).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 57/1995, sobre lesións en agresión, se dictou sentencia que na súa parte dispositiva di:

«Que debo absolver e absolvo a Mario Lado Canabal dos feitos xulgados nestas actuacións, declarando de oficio as custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, Mario Lado Canabal, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

8