Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 835

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (237/1995).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 237/1995, promovido por María Manuela Barbazán Reboredo, sobre declaración de falecemento de Antonio Bernardino Barbazán Reboredo, nacido en Brión o 8 de decembro de 1908, fillo lexítimo de Manuel Barbazán Luiero e de Serafina Reboredo Pérez, quen emigrou a Cuba no ano 1940, sen que desde entón se volvese ter noticia ningunha del, e resultaron infructuosos os múltiples intentos realizados para atopa-lo seu paradoiro.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer ante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o catro de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

0006