Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 830

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de xaneiro de 1996 pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados «C», «D», «E», «F» e «G» do distrito marítimo de Cangas na provincia de Pontevedra.

Os polígonos de bateas denominados «C», «D», «E», «F» e «G» situados no distrito marítimo de Cangas foron creados por orde do Ministerio de Comercio do 14 de febreiro de 1974 (BOE do 28 de marzo).

O Real Decreto 3318/1982, do 24 de xullo, transfírelle á Xunta de Galicia as competencias en materia de marisqueo e acuicultura co carácter de exclusivas, de acordo co artigo 27.15º do Estatuto de Autonomía e o 148.1º 11 da Constitución. No exercicio destas competencias e en cumprimento do disposto no artigo 1 do Decreto 197/1986, do 12 de xuño, e o 3 do Regulamento para explotación de bateas situadas en zona marítima, aprobado polo Decreto 2559/1961, do 30 de novembro, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en virtude da Orde do 17-10-1986 (DOG nº 218), declara de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos polígonos «C», «D», «E», «F» e «G» do distrito marítimo de Cangas.

En consecuencia, unha vez redactado o proxecto e o acordo de reordenación, tramitados conforme co procedemento establecido no Decreto 197/1986, do 12 de xuño, e declarado firme o acordo de reorde

nación por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 19 de outubro de 1995, por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Quedan constituídos e delimitados os novos polígonos, «C», «D» e «E» do distrito marítimo de Cangas, que sustitúen os antigos «C», «D», «E», «F» e «G» coa capacidade, situación e circunstancias que se indican no anexo desta orde.

Segundo.-As concesións administrativas de bateas existentes nos polígonos obxecto de reordenación e pertencentes ós concesionarios recoñecidos nas bases de revisión manteñense nas mesmas condicións das súas respectivas ordes de outorgamento, agás no que se refiere á cuadrícula ou punto de ancoraxe, en que quedan anuladas pola presente orde e substituídas polas cuadrículas asignadas no acordo de reordenación.

Quedarán igualmente rectificadas as concesións no tocante ás dimensións do artefacto, número de cordas e cultivo autorizado, que terán que axustarse ás determinacións do Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13 de 20-1-1994), e ó prazo da concesión, que se limita a 30 anos, conforme coa Lei 6/1993, do 11 de maio.

Terceiro.-Os concesionarios de bateas deberán traslada-los artefactos no prazo máximo de 3 meses, facendo efectiva a toma de posesión das novas cuadrículas. Transcorrido este prazo, a consellería incoará o correspondente expediente da caducidade por aplicación do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, ás concesións das bateas que non estean no punto asignado no acordo de reordenación.

Cuarto.-Os artefactos ancoarados nos polígonos pertencentes a propietarios que non fosen recoñecidos como concesionarios nas bases de revisión e mailos de propietario descoñecido serán considerados clandestinos, procedendo a súa retirada, en aplicación dos artigos 42 e 44 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro.

Quinto.-As peticións de concesión administrativa de bateas referentes a cuadrículas antes existentes nos polígonos obxecto de reordenación e que estean en tramitación no momento de entrar en vigor esta orde, quedan desestimadas en aplicación do artigo 24.3º do Decreto 423/1993, do 17 de decembro.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas disposicións de igual ou inferior categoría que se opoñan ó disposto na presente orde, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente a Orde do 14 de febreiro de 1974, no relativo ós polígonos «C», «D», «E», «F» e «G» do distrito marítimo de Cangas.

Disposicion derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

-Polígono «C».

Situación xeográfica dos vértices, segundo as coordenadas obtidas da carta nº 9242 da ría e porto de Vigo, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña.

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 16' 31'' N08º 43' 53'' W
Vértice B42º 16' 43'' N08º 43' 30'' W
Vértice C42º 16' 42'' N08º 43' 15'' W
Vértice D42º 15' 49'' N08º 43' 22'' W
Vértice E42º 15' 35'' N08º 43' 59'' W

Consta de 108 puntos de ancoraxe ou cuadrículas, das cales se ocupan 90 con viveiros procedentes do antigo polígono «C».

-Polígono «D».

Situación xeográfica dos vértices, segundo as coordenadas obtidas da carta nº 9242 da ría e porto de Vigo, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña.

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 16' 40'' N08º 43' 08'' W
Vértice B42º 16' 38'' N08º 43' 00'' W
Vértice C42º 16' 30'' N08º 42' 50'' W
Vértice D42º 16' 27'' N08º 42' 30'' W
Vértice E42º 16' 35'' N08º 42' 08'' W
Vértice F42º 16' 21'' N08º 41' 58'' W
Vértice G42º 15' 53'' N08º 43' 14'' W

Consta de 90 puntos de ancoraxe ou cuadrículas, das cales se ocupan 54 con viveiros procedentes dos antigos polígonos «D», «E», «F» e «G».

-Polígono «E».

Situación xeográfica dos vértices, segundo as coordenadas obtidas da carta nº 9242 da ría e porto de Vigo, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña.

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 16' 32'' N08º 41' 38'' W
Vértice B42º 16' 49'' N08º 40' 53'' W
Vértice C42º 16' 45'' N08º 40' 51'' W
Vértice D42º 16' 28'' N08º 41' 36'' W

Consta de 19 puntos de ancoraxe ou cuadrículas, das cales se ocupan 10 con viveiros procedentes do antigo polígono «G».

0330