Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 22 de decembro de 1995, aprobou definitivamente o estudio de detalle relativo á Rúa do Camiño Real promovido por urbanizadora O Monte, S.L., conforme o acordo que transcrito literalmente di:

Aprobado incialmente o Proxecto de Estudio de Detalle promovido por Urbanizadora O Monte S.L. en sesión plenaria de data 27 de outubro de 1995, atendido que, sometido a información pública polo prazo de 15 días mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia nº 231 do 1 de decembro de 1995 e no diario El Correo Gallego de data 7 de novembro de 1995, e notificados os interesados, non se formularon alegacións, a corporación por maioría acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Urbanizadora O Monte, S.L. nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

Segundo.-O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-O presente acordo notificarase ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

Contra o acto que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sala do contencioso-administrativo), no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte á data de publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública.

Oroso, 29 de decembro de 1995.

O alcalde

Rubricado