Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

CONVOCATORIA.

No BOP de Pontevedra do día 18 de decembro de 1995, publicáronse as bases para prover, por concurso-oposición libre, unha praza de encargado/a

da biblioteca do concello, vacante no cadro de persoal laboral do concello. Nivel de titulación esixido: bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

As instancias solicitando tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, debendo achegar a estas xustificantes do ingreso da cantidade de 1.500 pesetas en concepto de dereitos de examen.

Nigrán, 20 de decembro de 1995.

José Villar Pereira

Alcalde

0394