Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/203-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Balocas, Ximonde e Puñin.

Situación: Santiso.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión a 20 kV, sobre apoio formigón e conductor LA-56, de 26 m de lonxitude, que deriva da liña que alimenta o C.T. Beigando e alimentará o Balocas-Ximonde que se vai instalar. Liña eléctrica das mismas características cá anterior, que deriva da que alimenta o C.T. Vilar da Vella, e alimenta o C.T. Puñin que se vai instalar. Centros de transformación aéreos, de 50 e 100 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Balocas e Puñin respectivamente, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor RZ de 580 m de lonxitude en Balocas-Ximonde e de 828 m en Puñin-Visantoña-Santiso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-470