Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/200-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: C.T. Rúa Cristóbal Colón-Ribermiño.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm AL, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Agro do Río-Pombal e final no C.T. Rúa Cristóbal Colón que se vai instalar. Centro de transformación en edificio Ribermiño, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-473