Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

A base décimo quinta da Orde do 10 de novembro de 1995 (DOG do 17 de novembro) pola que se convocaba o concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral dispón:

Primeiro.-Para o corpo de profesores de ensino secundario formaranse catro comisións: dúas para a área de letras, unha para a área de ciencias e outra para a área de tecnolóxicas.

Segundo.-Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional formarase unha comisión.

Terceiro.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras nos anexos I e II da presente resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Cuarto.-As comisións poderán solicita-lo asesoramento dos funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós corpos que, de acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 10 de novembro de 1995, poden formar parte da comisión, sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinto.-Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias conforme o previsto no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle esta comisión consideraranse incluídas na categoría primeira

as que teñan que avaliar méritos dos corpos correspondentes ó grupo A, e na categoría segunda, as que avalíen os méritos dos corpos incluídos no grupo B.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

-Área: letras número 1.

Titulares

Presidenta: Malvar Carballal, Isabel

Vocais: Lozano Paz, Moisés

Paredes Durán, Juana Mª

Tizón Martín, Victoria

Rodicio Rodicio, Mª Isabel

Suplentes

Presidente: Lago Fernández, Samuel

Vocais: López Vázquez, José Ramón

Travieso Mougán, Javier

Domínguez Touriño, Guillermina

Segade Gómez, Andrés

-Área: letras número 2

Titulares

Presidente: Del Pozo Andrés, Fernando

Vocais: Dobarro Posadas, Xosé Antón

Portas Fernández, Manuel

Prado Fernández, Margarita

Leis Carlés, Alejandro

Suplentes

Presidente: Muñoz Sánchez-Brunete, Gerardo

Vocais: Rodríguez Negreira, Francisco Javier

Chao Rego, José

Lorenzo Rivas, Pilar

Llovo Casal, Purificación

-Área: ciencias

Titulares

Presidenta: Miravalles González, Pilar

Vocais: Fernández Rey, Juan

Mayer Viña, Enrique

González del Blanco Pereira, Blanca

Fernández Arenas, Ana

Suplentes

Presidente: Mira Lema, José Luis

Vocais: Otero Suárez, Mª Teresa

Guitián Bescansa, Martín

Monteagudo Romero, Josefa

Daviña Vázquez, Julia

-Área: tecnolóxicas

Titulares

Presidente: Fentanes Rodríguez, Gerardo

Vocais: Novo Álvarez, Pío

Gómez Vaamonde, Rocío

Cameo Chenlo, Ignacio

Castro Casas, Mª Luisa

Suplentes

Presidenta: Pérez Santiago, Rosa

Vocais: Santos Pereira, Gregorio

García Lasanta, Dolores

Botana Caeiro, Andrés

Quiroga Olmo, Amador

ANEXO II

-Área: profesores técnicos de formación profesional.

Titulares

Presidente: Misiego Trabado, Florencio

Vocais: Pérez Crespo, Mª Jesús

Fontáns Romero, Alfredo

González Iglesias, Rosa

Leis Blanco, José Manuel

Suplentes

Presidente: Cela Castro, Manuel

Vocais: Liñares García, Flora

Rodríguez Rodríguez, Isabel

Fianza Castro, Francisco

Rey Sánchez, Ramón

9600266