Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación de aspirantes admitidos e excluídos e se publica a relación de aspirantes excluídos nas probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.1 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 28 de novembro de 1995 (DOG nº 236, do 12 de decembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

A lista de aspirantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da mesma.

Así mesmo, publícase a lista de aspirantes excluídos, que figura como anexo desta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para repara-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non reparen os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, o obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

SOLICITUDES PRESENTADAS Á ESCALA DE LETRADOS DA XUNTA DE GALICIA

RELACIÓN DE EXCLUÍDOS

Apelidos e nomeDNICausas de

exclusión

Campo Barcón, Luis G. del40.271.81303
Tavera Rodríguez, Rafael José7.874.35503

CAUSAS DE EXCLUSIÓN

CódigoDescrición

01Non cumpri-lo requisito da base I.2.3.1 da convocatoria
02Non ter cumpridos 18 anos
03Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame

CódigoDescrición

04Non xuntar copia do DNI ou documento que faga fe
05Non cumpri-lo requisito da titulación esixida
06Presenta-la solicitude fóra de prazo
07Instancia non asinada

96-341