Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 742

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 20/1996, do 25 de xaneiro, polo que se nomea secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia, a Carlos Monclús Diez de Ulzurrun.

En virtude do establecido nos artigos 8º, parágrafo 2º, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, por proposta conxunta dos conselleiros de Economía e Facenda e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de consulta-las entidades, organizacións e asociacións lexitimadas para ter representación do consello,

Nomeo secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia, a Carlos Monclús Diez de Ulzurrun.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

96-292