Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 726

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (223/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas núm. 223/1995, a pedimento de Mª Teresa Gómez Fernández e dous máis, contra Mohamed Djamal e Said Lounes, e nas súas actuacións en resolución desta data, acordouse citar a Mohamed Djamal e Said Lounes co fin de que, o día un de febreiro de 1996, ás dez horas, comparezan ante este xulgado co fin de asistir á calebración do oportuno xuízo de faltas, e apercíboos de que, caso de non verificalo, recaerán sobre eles o prexuízo ó que houber lugar en dereito, e que deberán comparecer asistidos das probas das que intenten valerse.

E para que conste e lles sirva de citación a Mohamed Djamal e Said Lounes, expido e asino en Santiago de Compostela o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

0257