Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 726

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (15/1996-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo sobre adopción de medidas provisionais dimanantes de separación matrimonial, rexistradas co número 15/1996 ante este xulgado, a pedimento de María López Santos, a cal litiga co beneficio de xustiza gratuíta, representada polo procurador Merelles Pérez, contra Adolfo Agra Brea, actualmente en paradoiro descoñecido, por medio da presente cédula, cítase o demandado Adolfo Agra Brea, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 31 de xaneiro, ás 13 horas, compareza ante este xulgado, co obxecto de asistir á celebración de xuízo con avogado e procurador que o defenda e represente, baixo a prevención de que de non facelo, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

Santiago de Compostela, oito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

0274