Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 15/1996, do 12 de xaneiro, polo que se declara 1996 Ano de Xesús Ferro Couselo.

Xesús Ferro Couselo, a quen a Real Academia Galega decidiu dedica-lo Día das Letras Galegas de 1996, é unha das personalidades que máis con

tribuíu ó coñecemento do noso pasado. Creador e impulsor de innumerables iniciativas culturais, que abranguen diversos campos, desde os arquivos ata os museos, a arqueoloxía e o mundo editorial, foi un destacado profesor que impartiu o seu maxisterio acompañado da investigación. É un dos máis importantes investigadores sistemáticos da nosa cultura contribuíndo cos seus traballos a dar a coñecer mellor a nosa terra non só en Galicia senón mesmo fóra dela.

Os galegos de todo o mundo debémoslle recoñecemento a esta personalidade da nosa cultura, polo que debemos contribuír non só a dar a coñecer na nosa terra a figura deste galego insigne, e a súa obra, senón tamén a anima-los galegos a segui-lo seu exemplo de traballador incansable a prol do seu país.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declárase o ano 1996 en Galicia Ano de Xesús Ferro Couselo, polo que debe constituír unha obriga para tódolos galegos participar na homenaxe debida a este investigador.

Artigo 2º

As institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia dedicarán unha parte da súa actividade a poñer de relevo a obra de ste insigne intelectual que tivo un fondo amor pola súa terra.

Artigo 3º

Como testemuño da homenaxe a Xesús Ferro Couselo, a Xunta de Galicia acuñará unha medalla conmemorativa de trescentos exemplares numerados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

373