Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 1996 Páx. 654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 27 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3/1994).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Santa Marina-Freixeiro e final no empalme copa liña que alimenta ó polígono Río Pozo, no concello de Narón.

A declaración de utilidade pública da referida instalación, que foi outorgada con data 30 de maio de 1994, leva implícita, en todo caso, a necesidade

de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14º.1 do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Ideal Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación que se xunta, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto, estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase ós propietarios de que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 27 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 3/1994.

Línea a: 20 kV. Línea Stª Marina-Mañón a L/. a Pt. Río Pozo.

Provincia: A Coruña.

Ayuntamiento: Narón.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosDomicilionºmmm

3FealPastoJuan Gómez SánchezEstr. Cedeira (Charros Salmantinos)

15578 Narón

1470

11FealMonteDescoñecido718128

12FealMonteDescoñecido8128

20FealMonteLegado Carvajal

Rpta. Concello de Ferrol

Praza de Armas

15402 Ferrol

1301.690

21FealMonteLegado Carvajal

Rpta. Concello de Ferrol

Praza de Armas

15402 Ferrol

11134544

23FealMonteLegado Carvajal

Rpta. Concello de Ferrol

Praza de Armas

15402 Ferrol

1211001.600

24Feal CortiñaLaborJosé Martínez GonzálezAreosa, 14-Estr. Cedeira

15578 Narón

30300

25Feal CortiñaLaborManuela Leal FilgueiraFeal-Lagoa, 66

15578 Narón

28280

30FealLaborJosé e Fina Díaz Dopicor/ Venezuela, 36-5º-I

15404 Ferrol

13128280

40Castro GodoyIncultoEdelmiro Balseiro Dopicor/ Dolores, nº 1-2º

15402 Ferrol

1041.040

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosDomicilionºmmm

44Castro GodoyIncultoManuel Veiga VillarengoEstr. Castela 886 (Electrodomésticos)

15578 Narón

66660

9600259