Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 1996 Páx. 654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público do contrato de subministración de material informático para a posta en marcha dunha rede de área local para a Consellería de Industria e Comercio.

Contrato de referencia: concurso público da subministración de material informático para a posta en marcha dunha rede de área local para a Consellería de Industria e Comercio.

Empresa adxudicataria: Coremain, S.L.

Orzamento de adxudicación: 12.410.000 pesetas.

Prazo de execución: o prazo de execución será dun mes, a partir da sinatura do contrato.

O que se fai público para os efectos sinalados no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

262