Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó establecido polos artigos 70.2º da Lei de bases de réxime local e 124, en relación co 131 da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, unha vez aprobado definitivamente publícase o texto íntegro do Plan Especial de Servicios Exteriores do Parque Empresarial de Castiñeiras (Bueu).

A. Determinacións do planeamento de rango superior.

As normas subsidiarias e complementarias de planeamento de Bueu, aprobadas definitivamente no ano 1986, cualifican como apto para urbanizar un total de 424 ha de solo do seu termo municipal. Esixen, por outra parte, un tamaño mínimo de 10 ha para o desenvolvemento de calquera sector deste solo mediante un plan parcial de ordenación.

Como consecuencia do convenio firmado entre o Conello de Bueu e o Instituto Galego da Vivenda e Solo para a creación dun parque empresarial e as determinacións das normas subsidiarias, redactouse e aprobouse recentemente o correspondente Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Castiñeira no municipio de Bueu, parque que ten unha extensión total de 13 ha de solo urbanizable.

Con obxecto de lles dar cobertura legal ós necesarios proxectos e obras de infraestructuras e completa-lo planeamento urbanístico do municipio, redáctase o presente Plan Especial de Infraestructuras Exteriores do Parque Empresarial de Bueu.

As infraestructuras que definen este plan especial deben considerarse como unha ampliación dos sistemas xerais de abastecemento e saneamento de Bueu, dos que pasan a forma parte. Con iso é posible satisface-las necesidades establecidas no citado Plan Parcial de Ordenación.

B. Memoria descritiva e xustificativa.

1.-Introducción.

Redáctase o presente Plan Especial de Infraestructuras Exteriores do Parque Empresarial de Bueu con obxecto de defini-las condicións urbanísticas e de réxime do solo, así como as condicións que cumprirán os proxectos técnicos que desenvolvan as obras de conexión das infraestructuras interiores do parque empresarial coas redes xerais municipais, para efectos de completa-lo planeamento urbanístico do municipio de Bueu e completa-la súa estructura urbana.

Seguindo os criterios establecidos nas normas subsidiarias e complementarias de planeamento de Bueu e o Plan Parcial de Ordenación do Parque

Empresarial de Bueu, o trazado destas conexións efectuarase na medida do posible polos terreos de dominio público dos camiños de acceso ás parcelas privadas ou das marxes dos ríos e regueiros existentes no arredor do parque empresarial. Non se prevén, polo tanto, expropiacións nin trocos da titularidade do solo.

A construcción destas conexións non altera a clasificación nin a cualificación urbanística dos terreos adxacentes ó terreo público polo que discorren, e os seus condicionantes urbanísticos seguirán sendo os mesmos que lles designa o vixente planeamento muncipal de Bueu.

A xustificación da conveniencia deste plan especial estriba en que as ditas conexións son imprescindibles para a posta en marcha do parque empresarial, e que se fai necesario desenvolver puntualmente nas determinacións das normas subsidiarias municipais para sincroniza-las diversas actuacións, a modo de planeamento complementario. Este plan especial deberá ser desenvolvido ó mesmo tempo, polos correspondentes proxectos técnicos de execución.

O plan especial aborda as conexións das redes interiores de abastecemento de auga e saneamento do parque empresarial coas redes xerais de abastecemento e saneamento do municipio de Bueu. Non estudia, sen embargo, as conexións das redes viaria, eléctrica e telefónica, por estar xa resoltas no plan parcial a nivel de accesos e acometidas ó propio recinto do polígono definido polo parque empresarial.

No caso da implantación futura de servicios non previstos no parque empresarial (gas, etc.), deberán ser obxecto de proxectos específicos para o parque empresarial logo de definición e aprobación dos proxectos globais que dean unha solución ás acometidas respectivas ós núcleos consolidados do termo municipal, incluíndo o parque empresarial.

2.-Abastecemento de auga.

O abastecemento de auga ó parque empresarial resólvese cunha tubería xeral de alimentación de 3 km de lonxitude, que leva a auga desde as captacións de Ermelo na cota 212. Desde aquí acométese o parque na súa zona norte con tubería de 200 metros de lonxitude conectando á cabeceira da rede interior de abastecemento de auga na cota 165 metros. Toda esta distribución, polo tanto, realízase por gravidade, sen necesidade de grupos de impulsión.

A tubería xeral deberase dimensionar para resisti-las presións debidas ós efectos sifón e de golpe de ariete, dada a súa lonxitude e as cotas do terreo atravesado nalgúns tramos.

A capacidade de depósito do parque establécese en 1.000 m para permitir regula-lo máximo consumo diario e poder dispor dun certo volume de reserva e facer fronte ás posibles situacións excep

cionais. Calcúlase un máximo de consumo diario de 629 m e un caudal de consumo punta de 10,92 l/s.

As captacións de Ermelo serven na actualidade para alimenta-lo depósito Outeriro de 500 m, a través de dúas tuberías de 80 e de 112 mm de diámetro.

Os aforos realizados indican que se dispón de caudal suficiente para abastecer tamén o parque empresarial a través do novo depósito de regulación de 1.000 m.

Non obstante, establécese tamén a previsión de conecta-la citada tubería xeral co novo depósito de regulación de Bueu alimentado con caudais procedentes do Pontevedra, e co sistema que alimenta por presión o depósito do Castrillón. A capacidade destes depósitos é de 4.000 m e de 3.500 m, respectivamente.

Desta maneira, o abastecemento ó parque empresarial queda asegurado e perfectamente integrado no sistema xeral de abastecemento de auga do municipio de Bueu, sendo posible a subministración alternativa desde calquera dos depósitos e captacións mediante os oportunos circuítos de derivación e bombeo.

O funcionamento deberá proxectarse para control automático de apertura e peche de válvulas (panel electrónico de mando centralizado, electroválvulas, telemando, dispositivos antiariete, etc.), ademais da regulación manual, para conseguir nas distintas alternativas a máxima racionalidade e maior facilidade de explotación.

3.-Saneamento.

O saneamento aprobado no Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Bueu é de tipo separativo, con redes e verquidos independentes para as augas pluviais e para as residuais.

Augas pluviais.

O esquema de recollida de augas pluviais que se presenta no plan parcial está completamente adaptado á topografía do terreo e no seu dimensionamento teranse en conta, ademais das concas vertentes que lle afectan, as áreas de escorrentía producidas polas novas rasantes do polígono xa urbanizado, e a rede de imbornais do sistema viario.

A auga canalizada a través do colector terá o verquido final no regato Nosedo, no noroeste do polígono, sen que iso supoña necesidade de canalización especial dados os caudais esperados e a capacidade dispoñible no leito.

Para os caudais de cálculo das augas pluviais tomaranse como base as indicacións da Instrucción 5.1-IC (drenaxe) da Dirección Xeral de Estradas ou, alternativamente, a fórmula:

I = (260 x N x 0,42 x 0,52 x T)0,3

onde

I = Intensidade en litros por segundo e hectárea.

N = Número de anos de probabilidade de repetición.

T = Tempo en minutos de duración da choiva.

Augas residuais.

O Plan Parcial de Ordenación preveera, ante a inexistencia dunha rede de saneamento municipal fóra do polígono do parque empresarial, a instalacion dunha estación depuradora situada no espacio reservado dentro do polígono, para o tratamento das augas residuais xeradas no propio parque empresarial. Desde ela faríase o verquido final ó regado Nosedo no extremo noroeste, nas proximidades do vertido de pluviais.

Actualmente, sen embargo, está en marcha o proxecto e execución do planeamento integral de Bueu, que prevé a construcción dun colector xeral de costa que intercepta os vertidos actuais e unha serie de colectores de concentración e secundarios que comunican entre si e conducen o xeral dos vertidos dos distintos núcleos do muncipio. Este proxecto inclúe tamén a construcción dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para o tratamento físico-químico, biolóxico e de fangos, e un emisario submarino para o verquido final ó mar das augas xa tratadas na zona de Beloso.

A EDAR está proxectada para unha poboación equivalente de 17.000 persoas cunha dotación de 300 l/hab./día, que é o máximo esperado a medio prazo para todo o termo municipal de Bueu, incluíndo as aportacións do novo parque empresarial.

Tendo en conta esta circunstancias, o presente plan especial establece como nova solución o saneamento de residuais do parque, mante-la rede interior de colectores prevista no plan parcial e face-la conexión final ó colector secundario máis próximo á rede de saneamento integral de Bueu. Isto significa, tal como se sinala no plano correspondente, conectar desde a confluencia das rúas 2 e 5 do polígono, invertindo a pendente do colector proxectado para o tramo último da rúa 2, e discorrer pola rúa 5 coa saída o este do polígono sinalado, punto onde se faría o verquido final das augas residuais do parque á rede de saneamento integral.

Para este vertido final impóñense as condicións de predepuración por parte de cada unha das empresas instaladas no polígono, ata alcanza-lo nivel de contaminación das augas residuais, equivalente a un vertido doméstico. Deste modo queda asegurado o correcto funcionamento da EDAR proxectada para todo o termo municipal de Bueu.

Bueu, 14 de novembro de 1995.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

0219