Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do procedemento sancionador de incendios 132I/1995 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1-12-1968), e mais do seu Regulamento do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973) por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos -e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións, ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 21 de decembro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Expedientes: 132I/1995.

Denunciado: Pujales Cruz, Juan

DNI: 32.754.859

Último enderezo coñecido: r/ Fernándo González,5, 15004-A Coruña

Feito denunciado: queima se autorización.

Tipicación do Regulamento de incedios:

-Artigo: 137.B

-Cualificación: grave

Sanción proposta: 15.000

Expedientes: 151I/1995

Denunciado: Gómez Manteiga, Basilio Manuel

DNI: 46.917.322

Último enderezo coñecido: r/ Agra de Bragua, 11-1 Esqda. 15010-A Coruña.

Feito denunciado: Queima no monte sen autorización e sen adopta-las debidas precaucións.

Tipicación do Regulamento de incedios:

-Artigo: 138.B

-Cualificación: moi grave

Sanción proposta: 50.000

Expedientes: 210I/1995

Denunciado: Paiva das Neves, Vasco

DNI: 47.141.59

Último enderezo coñecido: centro benéfico Remar r/ Llorente n 7-Vigo

Feito denunciado: Queima sen autorización.

Tipicación do Regulamento de incedios:

-Artigo: 137.B

-Cualificación: grave

Sanción proposta: 25.000

8398