Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de incendios 129I/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se menciona que, con esta data resolvín

publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294 do 1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38 do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 21 de decembro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

Expedientes: 129I/1995.

Denunciado: Cartemil Díaz, José M.

DNI: 32.152.764

Último enderezo coñecido: Lg/ Valiño-San Pantaleón das Viñas-Paderne

Feito denunciado: queima sen autorización.

Tipicación do regulamento de incedios:

-Artigo: 137.B

-Cualificación: grave

Sanción proposta: 15.000

96-0128