Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1996 pola que se convocan tres bolsas de investigación para o Arquivo da Emigración Galega.

O Consello da Cultura Galega convoca tres bolsas de investigación para a realización de traballos de documentación histórica -material documental e gráfico-para o Arquivo da Emigración Galega.

1. Duración.

As bolsas terán unha duración de seis meses.

2. Dotación económica.

Cada bolsa terá unha dotación de 90.000 ptas. mensuais.

Para atende-lo gasto que supón a bolsa existe crédito suficiente na aplicación 03.01.111D.480 do orzamento vixente.

3. Requisitos.

Poderán optar á bolsa tódolos españois, maiores de idade, e con plena capacidade para obrar, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Seren licenciados universitarios.

b) Non seren traballadores por conta propia ou allea, nin recibir remuneración de ningún tipo ou gozaren dunha bolsa ou axuda semellante.

4. Solicitudes.

Os solicitantes entregarán na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2ª planta, Santiago de Compostela), dentro do prazo de dez días contados a partir da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

-Instancia de solicitude dirixida ó presidente do Consello da Cultura Galega.

-Titulación universitaria.

-Currículum vitae con indicación dos estudios, actividades e documentación acreditativa de tódolos méritos que se aleguen.

-Declaración xurada de non desempeñar actividade profesional remunerada por conta propia ou allea, nin gozar de bolsas ou axudas equiparables á convocada.

5. Selección dos bolseiros.

A selección dos bolseiros será realizada polo tribunal que fará unha valoración dos méritos achegados.

6. Tribunal.

O tribunal estará composto por tres membros do Consello da Cultura Galega. O tribunal poderá comprobar se os solicitantes posúen suficientes coñecementos de lingua galega para desempeña-la súa función.

7. Nomeamento.

Os bolseiros serán nomeados polo presidente do Consello da Cultura Galega a proposta do tribunal. Os bolseiros seleccionados deberán presentarse na sede do consello dentro dos dez días seguintes ó da notificación da súa selección, co obxecto de reco

lle-las súas credenciais acreditativas e comeza-la súa actividade.

8. Incidencias.

A solicitude de bolsas implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa co Consello da Cultura Galega.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1996.

María Xosé Rodríguez Galdo

Secretaria do Consello da Cultura Galega

0236