Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 551

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1995 pola que se lle autorizan, con carácter experimental, novas ensinanzas de formación profesional específica ó centro Azorín da Coruña.

Examinada a solicitude formulada por Raquel Pichel Guerrero, directora do centro privado homologado Azorín da Coruña, pola que pretende a autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao medio «Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas».

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26); Real decreto 1661/1994, do 22 de xullo (BOE 30 de setembro); Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22); Orde do 17 de marzo de 1995 (DOG do 10 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais nos centros de formación profesional durante o curso 1995-1996; Resolución do 21 de setembro de 1995 ( DOG do 5 de outubro), da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, pola que se dictan normas para regula-los ciclos formativos e a experimentación de módulos profesionais para o curso 1995-1996.

Esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos,

RESOLVE:

1º.-Suprimir 30 postos escolares da profesión de auxiliar administrativo da rama administrativa e comercial, quedando outros 90 postos para a referida profesión.

2º.-Autorizar unha unidade con carácter experimental, para imparti-las ensinanzas do ciclo formativo de grao superior «Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas», con capacidade para 30 alumnos, que funcionará ó longo dos cursos escolares 1995-1996 e 1996-1997 para que se poida desenvolve-lo ciclo formativo que se autoriza.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1995.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

0188