Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 1996 Páx. 533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio téxtil.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector comercio téxtil, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-12-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de

empresarios do comercio téxtil, e da parte social por Comisións Obreiras e Confederación Intersindical Galega, o día 24-11-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de decembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo comercio téxtil

Artigo 1º.-Ámbito funcional, persoal e territorial.

Afectará este convenio a tódalas empresas de comercio téxtil con centros de traballo situados nesta provincia, mesmo cando a súa sede central estivese domiciliada noutra.

Seralles tamén de aplicación ás empresas de nova creación.

Ampara este convenio os traballadores suxeitos á ordenanza laboral de comercio que presten os seus servicios nas empresas de comercio téxtil.

Será de aplicación exclusiva na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio terá unha vixencia de dous anos: entrará en vigor con efectos do 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decenbro de 1996.

O prazo de denuncia será de tres meses.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados globalmente.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas actualmente nas distintas empresas, que impliquen situacións máis beneficiosas cás convidas, serán respectadas e non absorbidas.

Artigo 5º.-Normas supletorias.

Considéranse normas supletorias deste convenio as legais de carácter xeral, a ordenanza laboral de traballo para o comercio, do 24 de xullo de 1971, e as súas modificacións posteriores, así como os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que o teñan en vigor, máis todo o que en materia laboral teña plena vixencia e non vaia en contra do pactado neste convenio colectivo.

En caso de que se producise durante a vixencia deste convenio a derrogación da ordenanza laboral do comercio sen ser substituída por un convenio marco ou norma equivalente, as partes negociarán unhas normas transitorias que eviten o baleiro normativo.

Nas licencias retribuídas, amplíase ata incluí-lo terceiro grao de parentesco, a licencia dun día por falecemento.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria para a vixilancia e interpretación do convenio, integrada polos seguintes vocais:

-Parte empresarial: dous representantes.

-Parte social: un representante de CC.OO, un representante da CIG.

Artigo 7º.-Táboas salariais.

Son as que figuran como anexo a este convenio e que supoñen un incremento salarial para o ano 1995 dun 5%. Para o ano 1996 acórdase un incremento salarial do IPC previsto polo Goberno para 1996, máis medio punto, o que representa un 4%.

As empresas disporán dun prazo de 3 meses para aboa-los atrasos correspondentes ó ano 1995, co límite do 31 de marzo de 1996.

Se o IPC, ó longo de 1996, excedese do incremento salarial pactado para ese ano, revisaranse automaticamente as táboas salariais na porcentaxe que o supere. Tal revisión terá carácter retroactivo.

Artigo 8º.-Plus de antigüidade.

O plus de antigüidade aboarase consonte o importe do cuadrienio fixado para cada grupo profesional nas táboas salariais anexas.

As cantidades que cada traballador veña cobrando ata a actualidade entenderanse consolidadas. Os traballadores que, a 31 de decembro de 1987, estivesen percibindo algún cuadrienio, percibirán ademais un complemento equivalente ó 3% do salario base do convenio de 1987 por cada cuadrienio devengado á dita data. A cantidade resultante quedará conxelada, mentres o traballador permaneza na empresa, como complemento de antigüidade inamovible (CAI).

Establécese unha limitación de 8 cuadrienios, e poderán chegar a 9 aqueles traballadores que os cumpran durante os anos 1995 e 1996.

O incremento por antigüidade non será nunca inferior ó 90% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento de salario.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Cada unha das gratificacións extraordinarias do 25 de xullo e Nadal, consistirá nunha mensualidade do salario base establecido mailo plus de antigüidade.

Estas gratificacións terán que ser aboadas antes de 25 de xullo, e a de decembro, non máis tarde do dito mes.

Artigo 10º.-Participación en beneficios.

As empresas aboarán anualmente e dentro do primeiro trimestre de cada ano, unha mensualidade máis antigüidade dos salarios pactados neste convenio, en concepto de participación dos traballadores nos beneficios da empresa.

Artigo 11º.-Socorro especial de defunción.

O cónxuxe, os descendentes, ascendentes ou irmáns, neste último caso se vivisen a expensas do traballador, cando falecese este estando en activo e levando como mínimo tres anos na empresa, terán dereito pola orde que se establece anteriormente, a dúas mensualidades completas dos haberes que viñese percibindo o traballador falecido. Este socorro substitúe o artigo 80 da ordenanza de comercio.

Artigo 12º.-Xubilación.

O traballador que, a proposta da empresa e de acordo ámbalas partes, se xubile anteriormente de forma voluntaria antes de cumpri-los 65 anos, terá dereito a percibir, por parte da empresa, unha prestación periódica que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ó 100% da base reguladora establecida polo INSS para o cálculo da pensión ata cumprirse os 65 anos.

Percibirán ademais, no momento de xubilarse, un premio equivalente á doceava parte do salario anual.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para tódolos traballadores ós que a súa base de cotización lles permita xubilarse co 100% da base reguladora.

Artigo 13º.-Enfermidade e accidente.

As empresas aboaranlles ós traballadores que se atopen en situación de baixa por incapacidade temporal, e durante o tempo que dure tal situación, os soldos e xornais íntegros, sen desconto ningún, mesmo no caso de substitución do traballador enfermo, agás as deduccións para cotizacións á Seguridade Social, etc., sempre que sexan de carácter obrigatorio.

Artigo 14º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte para axuda de gasto de desprazamento, aboable en 11 pagas, na cantidade de 8.018 ptas. mensuais para o ano 1995, e 8.339 ptas. mensuais para o ano 1996.

Artigo 15º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de 30 días naturais de vacacións retribuídas coa posibilidade de fraccionamento non superior a dous períodos, salvo acordo entre traballador e empresa.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A xornada máxima de traballo queda establecida en 40 horas semanais de promedio en cómputo anual. Se, como consecuencia dalgunha norma de carácter xeral e rango superior, se decretase a reducción da xornada, reducirase, nos termos que estableza a dita norma, a xornada establecida no presente convenio.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, cada empresa poderá realizar distribucións irregulares de xornada, respectando o número máximo diario de 9 horas e o descanso dominical dun día.

De acordo co establecido no artigo 6 do R.D. 1561/1995, sobre xornadas especiais de traballo, permítese a acumulación do medio día de descanso semanal previsto no apartado 1 do artigo 37 do Estatuto dos traballadores por períodos de ata catro semanas, ou a súa separación respecto do correspondente ó día completo para o seu desfrute noutro día da semana.

Artigo 17º.-Seguro de invalidez ou morte por accidente de traballo.

As empresas cubrirán unha póliza de seguros que ampare os seguintes riscos:

-Morte

-Incapacidade absoluta total

O capital asegurado será de 2.000.000 (dous millóns) de pesetas por traballador.

As empresas que contratasen este seguro cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí considerados.

Artigo 18º.-Cláusula de desenganche.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo, establécense os seguintes mecanismos:

1.-Comisión paritaria do convenio.

2.-Mecanismo do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselles acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante estes se producen perdas reais.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, e observarán, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Artigo 19º.-Dereitos e garantías sindicais.

As empresas respectarán a normativa vixente nesta materia, en especial o dereito de tódolos tra

balladores a sindicarse libremente, a recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo, sen perturba-lo desenvolvemneto normal do proceso productor da empresa. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir a un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Cota sindical.-A requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato, con incidencia superior ó 15% do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontaranlles na nómina do persoal, o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá a orde de desconto, a central á que pertence, a contía da cota, así como da conta corrente do banco ou caixa de aforros á que debe ser transferida a cantidade retida.

As empresas efectuarán as devanditas detraccións, agás indicación en contrario, durante o período dun ano.

Excedencias.-Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que ostentase algún cargo público de relevancia provincial ou nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, e reincorporarase á súa empresa se o solicitase no termo dun mes ó finaliza-lo desempeño deste. Nas empresas con cadro de persoal inferior a 50 traballadores, os afectados polo termo das súas excedencias, cubrirán a primeira vacante que do seu grupo profesional se produza no seu cadro de persoal de pertenza, salvo pacto individual en contrario.

Poderá exerce-la liberdade de expresión no interior das empresas propias da súa representación, e publicar e distribuír, fóra das horas de traballo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente ás empresas e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa vixente para tal efecto.

Disporán de crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine. Así mesmo, non computarán dentro do máximo legal de horas, o exceso que sobre este se produza con motivo da designación de delegado de persoal ou membros de comités como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos, polo que se refire a celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito da negociación referida.

Nas empresas de máis de 30 traballadores sen supera-lo máximo legal, poderán ser acumuladas as horas retribuídas das que dispoñen os membros do comité ou delegados de persoal, co fin de facilita-la asistencia destes a cursos de formación ou outras entidades. Para iso, terán que comunicarllo á dirección da empresa, con oito días de antelación, ó inicio do mes no que se vaia produci-la acumulación de horas. A empresa poderá negarse, se iso supón unha alteración grave do réxime laboral desta.

Como norma complementaria e supletoria, haberá que aterse ó disposto nesta materia polo Estatuto dos traballadores.

Participación nas negociacións de convenios colectivos.-Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio, implantadas estatalmente e que participan nas comisións negociadoras dos convenios colectivos mantendo a súa vinculación cos traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos destas, co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da devandita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

Funcións do comité de empresa.-Deberán ser informados con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre a reestructuración do cadro de persoal e as modificacións de xornada, sobre o traslado parcial ou total das instalacións empresariais, e sobre os plans de formación profesional das empresas.

Deberán ser informados tamén:

-Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

-O empresario facilitará o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente se utilicen.

-Sobre sancións impostas por faltas moi graves, en especial en supostos de despedimento.

-Exercer labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1.-Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións e usos da empresa en vigor.

2.-As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

3.-Colaborar coa dirección para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade na empresa.

4.-Velar porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente e os principios de non discriminación, igualdade de sexo e política nacional de emprego.

Garantías.-Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que deberán ser oídos, á parte do interesado, os demais representantes dos traballadores, se os houber.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais, os tra

balladores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas, atendendo ás circunstancias e dimensión das empresas.

En función da unidade de contratación na que se atopen comprendidas as empresas que aleguen as ditas circunstancias, deberán presentar ante a representación dos traballadores a documentación precisa (balance, contas de resultados) e, se é o caso, informe de auditores ou censores de contas que xustifiquen un tratamento salarial diferenciado.

Neste sentido, nas de menos de vintecinco traballadores e en función dos custos económicos que iso implica, substituirase o informe de auditores ou censores xurados de contas pola documentación que resulte precisa dentro da sinalada nos parágrafos anteriores, para demostrar fidedignamente a situación da empresa.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cunha recarga do 75% sobre o valor da hora ordinaria, ou tempos equivalentes de descanso retribuído, a elección do traballador.

Artigo 21º.-Contrato eventual.

De conformidade co establecido no artigo 15.1ºb do Estatuto dos traballadores, o contrato eventual por circunstancias do mercado poderá celebrarse por unha duración de 9 meses, dentro dun período de 12 meses.

Cláusula adicional.

Todo o establecido neste convenio estará vixente e de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado polas partes. Non obstante, para forza-lo interese negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante a anualidade completa seguinte á da vixencia normal do convenio.

Mensual

ano 1995

Anual

ano 1995

Antigüidade

cuadrienio

ano 1995

Grupo I

Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior110.0331.650.4955.502
Titulado grao medio97.8111.467.1654.891
Técnico sanitario85.6001.284.0004.280
Axudante85.6001.284.0004.280

Grupo II
Persoal mercantil non titulado:
Director119.8021.797.0305.990
Xefe de división110.0331.650.4955.502
Xefe de persoal, xefe de compras,

xefe de vendas e encargado xeral

110.0331.650.4955.502
Xefe de almacén97.8111.467.1654.891
Xefe de grupo95.3171.429.7554.766
Xefe de sección mercantil92.9271.393.9054.646
Intérprete, viaxante e corredor praza85.6001.284.0004.280
Encargado establecemento,

vendedor e comprador

90.5021.357.5304.525
Dependente83.1391.247.0854.157
Dependente maior91.1621.367.4304.558
Axudante70.9491.064.2353.547
Traballadores menores de 18 anos48.955734.3252.448

Grupo III
Persoal Admvo. técnico non titulado

e persoal Admvo.:

Director119.8021.797.0305.990

Mensual

ano 1995

Anual

ano 1995

Antigüidade

cuadrienio

ano 1995

Xefe de división110.0331.650.4955.502
Xefe administrativo97.8111.467.1654.891
Secretario e contable85.6001.284.0004.280
Xefe de sección administrativa95.3171.429.7554.766
Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, Taquim. idioma

estranxeiro

87.8841.318.2604.394
Maq. contable, operador e oficial

Admvo.

85.6001.284.0004.280
Auxiliar Admvo. ou perforista83.1391.247.0854.157
Aspirante de 16 o 18 anos48.870733.0502.444
Auxiliar de caixa75.8481.137.7203.792

Grupo IV
Persoal de Servicios e actividades

auxiliares:

Xefe de sección de servicios95.3171.429.7554.766
Debuxante e escaparatista90.5021.357.5304.525
Axudante montaxe, delineante,

rotulista e visitador

73.3731.100.5953.669
Cortador85.6001.284.0004.280
Axudante cortador, xefe de taller

e persoal oficio

78.2731.174.0953.914
Capataz Prof. oficio 2ª e 3ª, axudante

mozo, especialista, Telefon. e Ascensor.

75.8481.137.7203.792
Mozo, empaquetadora e repasadora73.3731.100.5953.669

Grupo V
Persoal subalterno:
Conserxe, cobrador, vixilante,

porteiro, sereno e ordenanza

73.3731.100.5953.669
Persoal de limpeza con 18 anos

ou máis

71.6571.074.8553.583
Persoal de limpeza por hora457

Mensual

ano 1996

Anual

ano 1996

Antigüidade

cuadrienio

ano 1996

Grupo I

Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior114.4341.716.5105.772
Titulado grao medio101.7231.525.8455.086
Técnico sanitario89.0241.335.3604.451
Axudante89.0241.335.3604.451

Grupo II
Persoal mercantil no titulado:
Director124.5941.868.9106.230
Xefe de división114.4341.716.5105.722
Xefe de persoal, xefe de compras,

xefe de vendas e encargado xeral

114.4341.716.5105.722
Xefe de almacén101.7231.525.8455.086
Xefe de grupo99.1301.486.9504.957
Xefe de sección mercantil96.6441.449.6604.832
Intérprete, viaxante e corredor praza89.0241.335.3604.451
Encargado establecemento,

vendedor e comprador

94.1221.411.8304.706
Dependente86.4651.296.9754.323
Dependente maior94.8081.422.1204.740
Axudante73.7871.106.8053.689
Traballadores menores de 18 anos50.913763.6952.546

Grupo III
Persoal Admvo. técnico non titulado

e persoal Admvo.:

Director124.5941.868.9106.230
Xefe de división114.4341.716.5105.722
Xefe administrativo101.7231.525.8455.086
Secretario e contable89.0241.335.3604.451
Xefe de sección administrativa99.1301.486.9504.957
Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, Taquim. idioma

estranxeiro

91.3991.370.9854.570
Maq. contable, operador e oficial

Admvo.

89.0241.335.3604.451
Auxiliar Admvo. ou perforista86.4651.296.9754.323
Aspirante de 16 o 18 años50.825762.3752.541
Auxiliar de caixa78.8821.183.2303.944

Mensual

ano 1996

Anual

ano 1996

Antigüidade

cuadrienio

ano 1996

Grupo IV
Persoal de Servicios e actividades

auxiliares:

Xefe de sección de servicios99.1301.486.9504.957
Debuxante e escaparatista94.1221.411.8304.706
Axudante montaxe, delineante,

rotulista e visitador

76.3081.144.6203.815
Cortador89.0241.335.3604.451
Axudante cortador, xefe de taller

e persoal oficio

81.4041.221.0604.070
Capataz Prof. oficio 2ª e 3ª, axudante

mozo, especialista, Telefon. e Ascensor.

78.8821.183.2303.944
Mozo, empaquetadora e repasadora76.3081.144.6203.815

Grupo V
Persoal subalterno:
Conserxe, cobrador, vixilante,

porteiro, sereno e ordenanza

76.3081.144.6203.815
Persoal de limpeza con 18 anos

ou máis

74.5231.117.8453.726
Persoal de limpeza por hora475

00176