Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 1996 Páx. 515

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN conxunta do 21 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT, CSI-CSIF e SATSE, ésta última central en condición de adherida, sobre nomeamentos e contratos temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

No marco da Mesa Sectorial de Persoal Sanitario, coa finalidade de establecer un sistema de nomeamentos e contratacións temporais para o persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, negociáronse e subscribíronse os pactos publicados no DOG do 13 de abril de 1993 e do 12 de maio de 1994.

Concluída a vixencia prevista no último referenciado, dentro do marco aludido negociouse coas organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial un novo pacto, regulador así mesmo dos nomeamentos e contratacións temporais para o persoal estatutario das institucións dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Como consecuencia de tal proceso negociador resultou o pacto anexo, subscrito entre a Administración sanitaria e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT, CSI-CSIF e SATSE, (esta última central en condición de adherida), celebrado de conformidade co artigo 35 da Lei 9/1987, de 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

O contido do dito pacto é o que figura como anexo á presente resolución.

Para xeral coñemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Acorda-la publicación do pacto sobre nomeamentos e contratacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde que se inclúe como anexo á presente resolución.

Réximen transitorio:

En canto non se publiquen as listas que, por cada categoría, se establecen no presente pacto, aplicaranse para efectua-los chamamentos as listas confecciona

das en desenvolvemento do pacto do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio de 1994).

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1995.

Alberto Núñez FeijóoCarlos Negreira Souto

Secretario Xeral daDirector Xeral de

Consellería de Sanidade Recursos Humanos do

e Servicios Sociais Servicio Galego de Saúde

ANEXO

En Santiago de Compostela o 21 de decembro de mil novecentos noventa e cinco, no marco da Mesa Sectorial de negociación do persoal sanitario, e de conformidade coas facultades conferidas no artigo 35 da Lei 9/1987, de 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias outorgadas á referida Mesa Sectorial polo acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais, subscrito con data do 7 de setembro de 1991, polos representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO, UXT, CSI-CSIF e SATSE, esta última central en condición de adherida, tralo proceso negociador mantido no seo dos relatorios técnicos de traballo creados ad hoc pola Mesa Sectorial Sanitaria, subscríbese o presente pacto sobre nomeamentos e contratacións temporais do persoal que presta os seus servicios nas institucións

sanitarias do Servicio Galego de Saúde, co contido que a continuación se expón:

NORMAS XERAIS

1. Ámbito de aplicación do pacto.

Territorial: será de aplicación en toda a Comunidade Autónoma.

Persoal: afectará ós nomeamentos e ás contratacións temporais do persoal estatutario (persoal facultativo-médicos xerais, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario).

2. Vixencia do pacto.

O presente pacto terá a vixencia dun ano a partir da data da súa publicación, podendo prorrogarse mediante acordo expreso das partes asinantes.

Así mesmo, de consideralo oportuno ambalas dúas partes, poderá quedar sen efecto na data da resolución da oferta pública de emprego, de producirse esta durante a súa vixencia.

3. Sistema de nomeamentos e contratacións.

No que respecta ó persoal sanitario non facultativo e non sanitario, efectuaranse os nomeamentos e contratacións en tódolos casos, mediante a elaboración de listas por categoría profesional e ámbito de área de xestión sanitaria.

No concernente ó persoal facultativo, para a cobertura de praza vacante ou nomeamentos dun ano ou máis de duración, utilizaranse listas de ámbito provincial.

Para o resto dos nomeamentos e contratacións que se produzan respecto a este persoal, seguirase o sistema de listas de ámbito de área de xestión sanitaria.

4. Formalización das solicitudes.

Unha vez publicado o presente pacto no Diario Oficial de Galicia, convocarase os aspirantes, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas, dos centros hospitalarios e das centros de xestión de atención primaria do devandito organismo, concedéndolles un prazo máximo de 15 días naturais a partir do seguinte á data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, para que presenten a súa solicitude no modelo normalizado, en unión da documentación acreditativa dos méritos alegados. Igualmente daráselle a publicidade adecuada á convocatoria, a través da inserción na prensa dun anuncio dela.

Para poder formula-la súa solicitude, os aspirantes deberán ter cumpridos os 18 anos de idade, no intre da presentación da mesma; acredita-la nacionalidade española ou dun país da Unión Europea (en diante U.E.) ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España; e posuí-la titulación que, segundo se fai constar no modelo de instancia anexo, habilita para o exercicio da profesión correspondente.

Non poderán presenta-la súa solicitude os aspirantes que foran excluídos das listas, confeccionadas en aplicación dos pactos do 1 de abril de 1993 (DOG do 13 de abril) e do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), por non ter superado o período de proba previsto no contrato ou nomeamento sempre que a exclusión non fora excepcionada, ou tamén por acordo de exclusión firme fundado en incumprimento grave do aspirante.

As solicitudes poderanse presentar nas direccións provinciais do servicio galego de saúde e nos centros hospitalarios ou centros de xestión de atención primaria, no prazo sinalado.

Os méritos admisibles serán os causados ata o día anterior á data de publicación da convocatoria.

A acreditación dos méritos alegados, que deberán inescusablemente aportarse dentro do prazo de presentación de solicitudes, requirirá a presentación de documentos auténticos, sen prexuízo da posible compulsa que, sobre as copias fotoestáticas deles, leve a efecto o persoal competente.

Cada aspirante a nomeamentos ou contratacións, do carácter que sexa, relativos a persoal sanitario non facultativo e non sanitario, solicitará a súa inclusión nunha única lista e área de xestión sanitaria. No suposto en que se detecten duplicidades a través dos mecanismos de control, excluiranse inmediatamente os aspirantes incursos nelas, indicandose, para o efecto, no modelo normalizado de solicitude, de modo claro e inequívoco, a aplicación de tal medida.

Cada aspirante ós nomeamentos de persoal facultativo para cobertura de praza vacante ou de duración dun ano ou superior poderá solicitar a súa inclusión nunha única lista de ámbito provincial.

Os aspirantes ó resto dos nomeamentos e contratacións de persoal facultativo, solicitarán a súa inclusión nunha soa categoría e área de xestión sanitaria.

Respecto ó persoal facultativo aplicarase así mesmo o criterio corrector consistente na exclusión da lista, de solicita-los aspirantes, no caso da cobertura de prazas vacantes ou nomeamentos dun ano ou máis de duración, a súa inclusión en máis dunha provincia, e no resto de nomeamentos e contratacións, a súa inclusión en máis dunha área de xestión sanitaria.

5. Elaboración das listas.

A confección das listas será feita pola Administración coa aplicación exclusivamente dos criterios de selección contidos neste pacto, establecéndose unha orde de puntuación. Sen embargo darase oportuna información do proceso seguido para a confección delas ás comisións provinciais de seguimento, cando así estas o soliciten.

Rematado o proceso, publicaranse, nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros asistenciais dependentes delas, as listas provisionais, que incluirán relación dos aspirantes admitidos, coas puntuacións obtidas, establecéndose, deste xeito, unha orde de prelación e onde, así mesmo, figurarán os aspirantes excluídos coas causas de exclusión correspondentes.

As listas provisionais publicaranse por categorías e áreas de xestión sanitaria, coa particularidade das de persoal facultativo, que serán, para os nomeamentos de interinaxe en praza vacante ou de duración igual ou superior a un ano, de ámbito provincial.

Os afectados poderán formular, no prazo máximo de 10 días, a partir do seguinte á data de publicación, reclamación perante a dirección provincial do Sergas correspondente.

Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos mesmos lugares cás anteriores.

Polo que respecta á formalización dos contratos ou nomeamentos e, co gallo de acredita-la situación de desemprego, os aspirantes deberán presenta-la tarxeta de emprego do INEM, no momento de realiza-la citada formalización.

No caso de que se esgote algunha lista farase unha nova oferta de contratacións, de acordo co procedemento regulado no presente pacto, provéndose, en tanto, as contratacións urxentes a través da utilización das listas das áreas de xestión máis próximas.

Para tal efecto considéranse áreas de xestión máis próximas as que se determinan, respecto de cada área concreta, no anexo I deste pacto.

De existir prórroga do presente pacto consonte o previsto na norma xeral segunda, farase unha nova oferta de nomeamentos e contratacións durante o primeiro trimestre do ano 1997.

6. Xestión das listas.

Xestionaranse nas direccións provinciais do Sergas verbo das distintas áreas de xestión sanitarias da súa competencia a través dun proceso informatizado,

facéndose o deseño do mesmo nos servicios centrais do organismo.

Os chamamentos ós aspirantes efectuaranse, para tódalas categorías, desde as direccións provinciais, ou, nos casos que as circunstancias o requiran, desde os centros de xestión hospitalaria ou de atención primaria, á demanda da institución sanitaria correspondente. Para efectuar os mesmos seguirase rigorosamente a orde de puntuación que acrediten os interesados, sen prexuízo das especialidades contempladas no presente pacto.

En todo caso, só se efectuarán os nomeamentos ou contratacións de duración igual ou superior a un ano a prol do aspirante que acredite maior puntuación na lista de que se trate, en correspondencia co ineludible respecto ó mérito acreditado, sen menoscabo do establecido no suposto especial segundo do presente pacto.

Para as contratacións programadas, e sempre que exista prazo que se considere suficiente, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos nos que exista inmediatez na contratación avisaranse telefonicamente.

En todo caso quedará constancia da data e hora na que cada aspirante sexa requirido, mediante dilixencia expedida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

A determinación das necesidades de contratación compete ós directores xerentes dos respectivos centros sanitarios, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os contratos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal de área, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas (BOE nº 145 de 18-6-1987), e así mesmo nos artigos concordantes da Lei 11/1986, orgánica de liberdade sindical.

A referida información tamén poderá ser recibida, polas comisións provinciais de seguimento, dos directores xerentes, os que deberán facilitala nun prazo razoable.

7. Duración das contratacións e nomeamentos.

Os aspirantes que, por aplicación ou baixo a vixencia dos pactos do 1 de abril de 1993 (DOG 13 de abril) e do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), acreditasen un período de contratación ou nomeamento de 12 meses ou superior (efectuado o cómputo desde o día 1 de xuño de 1993), e os que, sumado o período traballado desde esa data máis o que lles puidera corresponder por aplicación do presente pacto, acaden o aludido período de 12 ou máis meses, non serán chamados para subscribir novos contratos ou nomeamentos de duración inferior a un ano, nun período de 4 meses, contado desde a data na que cumpriran os indicados 12 ou máis meses de nomeamento ou contratación. Esta medida aplicarase soamente no suposto de que exista dispoñibilidade suficiente de aspirantes na lista de que se trate.

Tal medida non será aplicable ós nomeamentos e contratacións en praza vacante ou de duración igual ou superior ó ano, respecto ós que se seguirá indefectiblemente o criterio de estricta prioridade por puntuación, con independencia do período de tempo que prestasen servicios.

O fin exposto, os meses contaranse por mes natural de contrato ou, no seu defecto, por agrupación de días traballados, a razón de 1 mes por cada 30 días de prestación de servicios.

Sen prexuízo do reflectido nos parágrafos anteriores, coa finalidade de acadar unha maior mobilidade das listas en función das peculiaridades que concorran nalgunha área sanitaria ou provincia, as comisións provinciais poderán propoñer, mediante acordo adoptado de conformidade co previsto no apartado 9 do presente pacto, o establecemento do sistema que consideren conveniente para consegui-la aludida maior mobilidade das listas.

Tal proposta de sistema só poderá referirse ós contratos ou nomeamentos de duración inferior ós 12 meses e requerirá para a súa efectividade a ratificación da comisión central de seguimento.

8. Promoción profesional.

Farase unha reserva do 50% das necesidades a cubrir nos respectivos centros sanitarios, nos supostos de nomeamento ou contratación de interinaxe en praza vacante e demais que se estimen, inicialmente, de duración igual ou superior a 3 meses, para o persoal fixo con praza en propiedade de igual ou inferior grupo.

De concorre-la circunstancia, debidamente constatada, de que a categoría a promocionar non exista ou sexa obxecto de oferta reducida no centro de xestión do que depende o solicitante, a promoción aperturarase á área sanitaria correspondente.

Para este persoal confeccionaranse unhas listas por centro sanitario ou área sanitaria, segundo corresponda, coa mesma vixencia das anteriores e coa aplicación dos criterios de selección e restantes prescricións establecidas neste pacto.

9. Seguimento do pacto.

Constituiranse unhas comisións paritarias para o seguimento do pacto, unha central e catro provinciais, integradas por 10 membros, 5 designados pola Administracion, e 5 polas centrais sindicais asinantes deste pacto.

A comisión central, sen menoscabo das explicitamente recoñecidas ó longo do presente pacto, terá competencias para unifica-los criterios de actuación e interpretación das comisións provinciais.

As comisións provinciais coñecerán, en única instancia, ademais das cuestións que teñen explicitamente asignadas ó longo do presente pacto, tódalas incidencias e reclamacións que se produzan na súa aplicación, formulando as propostas de resolución con carácter vinculante que procedan ás direccións provinciais do Sergas para o seu traslado, se é o caso, ós interesados.

Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes, requiríndose un quórum de 7 membros e sendo decisorio, no caso de empate, o voto do presidente.

A presidencia das comisións corresponderá a un dos membros designados pola Administración, actuando como secretario delas, con voz e voto, outro dos seus representantes.

As comisións reuniranse, ben con carácter ordinario, unha vez ó trimestre a central, e unha vez ó mes as provinciais; ou ben con carácter extraordinario, nas ocasións en que concorran as circunstancias que o fagan preciso.

A solicitude da convocatoria extraordinaria, na que necesariamente se fixará a orde do día, farase a instancia, o menos, de 2 dos membros da comisión, e cunha antelación mínima de 48 horas.

10. Penalizacións.

De non existiren causas xustificadas de renuncia á oferta dun nomeamento ou contratación, ou ben a un/unha xa formalizado, penalizarase o aspirante, no caso da primeira renuncia, pasándoo ó cabo da lista da súa categoría. De existir unha segunda renuncia inxustificada, excluirase o aspirante incurso nela da lista correspondente.

Admitirase renuncia á oferta sen penalización ningunha sempre que se xustifique de forma suficiente, nos seguintes supostos:

a) Servicio militar ou prestación social substitutoria.

b) Maternidade ou adopción legal.

c) Exercicio de representación sindical.

d) Matrimonio.

e) Falecemento de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Calquera outra de entidade suficiente que se considere oportuno a criterio da comisión central de seguimento.

Así mesmo serán excluídos da lista os aspirantes que tiveran incorrido en incumprimentos graves, tanto derivados da súa calidade de aspirante inscrito na lista, como do concreto desempeño do posto de traballo.

Considéranse como incumprimientos graves tódalas conductas cualificadas como faltas moi graves ou graves no correspondente Estatuto de persoal.

Para efectiviza-las exclusións derivadas dos citados incumprimentos seguirase un procedemento, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, no que se garanta, en todo caso, a audiencia do interesado.

11. Supostos especiais.

1. Cando un aspirante figure con dereito preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar unha praza vacante con carácter interino ou para subscribir outro tipo de contratación ou nomeamento de duración igual ou superior ó ano, e se atope vinculado por un nomeamento ou contratación de duración inferior, será requirido para ocupa-la citada praza vacante ou para subs

cribi-lo contrato ou nomeamento de duración igual ou superior ó ano.

2. Para a cobertura de nomeamentos ou contratacións de duración igual ou superior ó ano terase en conta sempre a maior puntuación acreditada na lista que corresponda.

Non obstante, á vista dos recentes pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e en cumprimento deles, nos casos de que un nomeamento ou contratación por substitución derive, por calquera circunstancia, na cobertura de praza vacante ou reservada, permanecerá o mesmo aspirante xa nomeado ou contratado para tal substitución.

O mantemento da medida reflectida no parágrafo anterior estará á resultas ou penderá do definitivo pronunciamento do Tribunal Supremo que se dicte en resolución do recurso de unificación de doutrina presentado perante o mesmo.

3. Cando un aspirante sexa cesado por non supera-lo período de proba que no contrato asinado se estipule quedará automaticamente excluído da lista.

Poderán ser excepcionados da aplicación da anterior medida aqueles casos que, excepcional e motivadamente, se considere oportuno pola comisión central de seguimento.

Para os fins indicados, deberá comunicarse con toda celeridade á citada comisión as exclusións que procedan por tal motivo e, de se-lo caso, as causas xustificativas para excepcionar algunha daquelas.

4. Cando sexa preciso cubrir necesidades de contratación de ATS/DUE que se produzan nas áreas de UCI-reanimación, quirófanos, hemodiálise, trasplantes e prematuros-neonatos, e así mesmo no que respecta ás categorías de persoal adscrito ás unidades de saúde mental, os aspirantes que acrediten experiencia profesional nas citadas áreas farano constar no espacio reservado o efecto nas solicitudes que formulen, achegando, en todo caso, certificación expedida polo centro sanitario correspondente.

O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación das listas e a prol das persoas que acrediten a experiencia aludida, requiríndose un informe por escrito do centro sanitario solicitante no que se fará consta-la área especial da que se trate e maila necesidade de que, para a mesma, se designe persoa con experiencia acreditada. En todo caso excluiranse de tal sistema a cobertura de prazas vacantes e as substitucións de previsible duración superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

5.- Igualmente poderá ser proposta polos centros respectivos, perante as comisións provinciais de seguimento, a cobertura especial das necesidades de contratación doutras áreas de traballo do centro (sexan ou non de carácter sanitario), con independencia das reflectidas no apartado anterior. A tal fin o centro correspondente aportará informe debidamente razoado e xustificativo da concreta necesidade da contratación perante a citada comisión, que resolverá, trala súa análise, sobre a procedencia do chamamento dun aspirante cualificado na área ou servicio de que se trate, e acerca do sistema de efectua-la designación daquél,

respectándose sempre a orde de prelación determinada pola puntuación obtida.

En correspondencia co previsto no apartado anterior quedarán excluídos de tal sistema a cobertura de prazas vacantes e as de previsible duración superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

6. Do sistema de contratacións previsto exceptuarase a cobertura das substitucións do persoal sanitario das zonas rurais nas que os titulares, por non existir consultorio do Sergas, deban propoñe-los substitutos ó verse obrigados a cedérlle-lo seu consultorio.

Así mesmo, o resto das substitucións de persoal sanitario de zonas rurais, sempre que non superen o mes de duración, poderá realizarse mediante a designación do substituto por parte dos profesionais sanitarios, quedando os substitutos propostos excluídos da cobertura de calquera outra substitución fóra das indicadas, con exclusión das que sexan de duración igual ou superior ó ano.

Tal posibilidade non poderá ser exercida durante o ano anterior á data na que se vaia produci-la xubilación do propoñente, por calquera causa. Igualmente tampouco se virtualizará naqueles casos nos que se poida preve-la secuencia, trala substitución formalizada, de declaración de praza vacante ou dunha situación de reserva de longa duración normativamente prevista.

Os substitutos nomeados adquiren inescusablemente o compromiso de asumir tódalas substitucións de tal teor que se produzan. No caso de incumprimento inxustificado da dita obriga quedarán automaticamente excluídos da posibilidade de seren propostos para esta clase de cobertura.

Será facilitada polos centros de xestión de atención primaria ás comisións provinciais de seguimento, coa maior brevidade posible, relación dos faultativos e persoal de enfermería aludidos nos parágrafos anteriores.

Para tal fin, no prazo de presentación de solicitudes, os profesionais sanitarios que desexen propoñe-lo seu substituto, comunicarán tal circunstancia ó centro de xestión de atención primaria do que dependen notificando o nome ou nomes dos sustitutos coa aceptación expresa dos afectados.

7. A proposta dos centros de xestión correspondente, coa necesaria ratificación da comisión central de seguimento, para a cobertura de determinadas substitucións das categorías de persoal estatutario que, razoadamente, se considere oportuno, consistentes fundamentalmente na cobertura de libranzas, fins de semana, traslados de enfermos en ambulancias, absentismo pendente de xustificación, días de permiso regulamentarios, procesos de IT de curta duración non superiores en todo caso ós 5 días e outras análogas, poderá confeccionarse un listado especial dentro da lista correspondente, no que se inclúan voluntariamente os aspirantes interesados, que exerceran a dita opción no apartado correspondente da solicitude.

Os aspirantes que figuren no mencionada lista, que poderá limitarse a un número concreto deles en función das necesidades reais de contratación determi

nadas polas comisións provinciais de seguimento segundo os datos facilitados polos diferentes centros, asumirán a cobertura deste tipo de situacións, pola orde de puntuación correspondente. Tales aspirantes quedarán excluídos da expedición de nomeamentos ou formalización de contratos inferiores a seis meses.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Para a súa confección tívose en conta a necesidade de artellar un proceso áxil e eficaz, con respecto dos principios de igualdade, mérito e capacidade.

En consecuencia, no que respecta ó persoal sanitario, en todo o seu ámbito, facultativo e sanitario non facultativo, o devandito proceso consistirá na aplicación dos baremos de méritos que, para as distintas clases de persoal, se establezan neste pacto.

No relativo ó persoal non sanitario, tendo en conta a especificidade ou complexidade dalgunhas das funcións a desempeñar por determinados profesionais, resulta preciso, respecto dalgunhas das categorías que o integran, realizar unha proba de coñecementos, que garante a idoneidade do profesional para o desempeño da praza ou posto de traballo.

Por tanto os aspirantes ós grupos técnico e de xestión da función administrativa, así como o persoal informático, ademais de ser puntuados con carácter previo conforme o baremo de méritos, realizarán unha proba de carácter teórico-práctico, a determinar, segundo o perfil ou características da praza obxecto da cobertura, polo director-xerente do centro sanitario coa colaboración da xunta do persoal de área. Tal proba será cualificada de 0 a 10 puntos.

Os aspirantes a prazas de carácter técnico ou de oficios, nas categorías de calefactores, electricistas, mecánicos, fontaneiros e cociñeiros realizarán unha proba de aptitude, de carácter práctico, que acredite o dominio necesario do seu oficio.

Da realización das devanditas probas excepcionarase aquel persoal técnico ou de oficios que tiveran prestado servicios nalgunha institución sanitaria dependente do Sergas, por un período superior a tres meses, ou tivera superado a proba de aptitude executada en aplicación dos pactos do 13 de abril de 1993 ou do 27 de abril de 1994.

As características, contido e mailo modo de execución das probas será determinado pola comisión central de seguimento, coa excepción das correspondentes ós grupos técnico, xestión da función administrativa e persoal de informática, que resulta competencia, como xa se indicou, das xerencias dos centros en colaboración coas xuntas de persoal de área.

As probas de aptitude para o persoal técnico ou de oficios, de carácter eliminatorio, terá unicamente a cualificación de apto ou non apto.

Para os aspirantes declarados aptos na proba de aptitude, así como para o resto dos grupos profesionais e categorías, tanto de persoal sanitario coma non sanitario, aplicaranse os baremos de méritos contidos neste pacto, que se valorarán ata un máximo de 20 puntos,

resultantes da suma das puntuacións que por cada apartado de méritos se estableza.

A puntuación por méritos que acaden os aspirantes determinará a súa orde na lista.

Os empates dirimiranse a prol do aspirante que acredite maior tempo como desempregado total e non subsidiado. E de persisti-lo empate ou ben por tratarse de persoal de promoción profesional, resolverase a favor do aspirante de maior idade.

BAREMOS

Os baremos confeccionados refírense a grupos e categorías de persoal de características, nalgún caso, notoriamente diferentes.

Por iso, tanto na súa estructura, como nas súas escalas de puntuación (manténdose, iso si, unha puntuación total igual para tódolos baremos) resultan diferentes, ó terse en conta circunstancias distintas para a súa elaboración.

Principiando polo baremo dos facultativos xeneralistas, hai que dicir que se seguiu a estructura e puntuacións máximas por apartado, previstas no Real decreto 118/1991 sobre selección de persoal estatutario de área que, se ben se refiren á selección de persoal titular, parece oportuno telo en conta, tamén, para os nomeamentos temporais, aínda que, obviamente, reducindo o número de méritos a valorar, ou, o que é o mesmo, simplificando o baremo globalmente.

No caso dos profesionais psicólogos tívose en conta, de xeito moi importante, a titulación otida mediante a formación polo programa PIR (psicólogo interno residente).

No resto dos baremos non se seguiu a estructura e as escalas da puntuación aludidas, ó non existi-la formación especializada ou posgraduada que neses casos resulta, en cambio, moi relevante, e merecer outros aspectos, como a experiencia profesional, unha puntuación máis elevada.

Valorouse notablemente a experiencia profesional en tódolos baremos por ser indubidable a súa transcendencia.

Deuse certa importancia ó período acreditado de desemprego, ó ter unha incidencia grande, sobre todo nas categorías de auxiliares de enfermería, técnico especialista e categorías integrantes do persoal non sanitario.

Respecto dos técnicos especialistas e auxiliares de enfermería, tivéronse moi en conta os cursos de formación e perfeccionamento, pola importancia real da formación continuada para estas categorías de persoal, e considerando igualmente a transcendencia que tradicionalmente se lle ten dado a tales cursos, co establecemento, iso si, dun sistema rigoroso de control que permita garanti-la entidade e maila calidade destes cursos, e a preterición, no posible, dos que sexan pouco relevantes ou, incluso, inexistentes nalgún caso.

Para o persoal non sanitario valoráronse aspectos de formación que parecen relevantes (como a titulación específica pensada sobre todo respecto ó persoal

de oficios) e outros como o interese ou iniciativa deste persoal, acreditado pola preparación con superación parcial das probas de acceso establecidas.

Finalmente, no que respecta ó persoal de promoción profesional, substitúese, obviamente, a valoración do tempo de desemprego, pola de servicios prestados na súa praza en propiedade nos centros sanitarios onde estean actualmente destinados.

BAREMO DE PERSOAL FACULTATIVO: MÉDICOS XERAIS

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos neste apartado será de 3 puntos.

1) Estudios de licenciatura:

Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

* A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

* Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política, e educación física.

2) Posgrao:

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutourado ou do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.

A puntuación máxima polos 3 epígrafes anteriores é de 1 punto.

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nos apartados 2 e 3, será de 1,5 puntos.

II. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 7 puntos.

* Formación na especialidade de medicina familiar e comunitaria:

1. Aspirantes que se encontren en posesión do título de especialista en medicina familiar e comunitaria expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

2. Aspirantes que cumpriran o período completo de formación como residentes do programa MIR, ou que cumpriran o período completo de formación como residentes nun centro estranxeiro con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialistas convalidada polo M. de Educación e Ciencia: 5 puntos.

3) Aspirantes que superaran a convocatoria nacional para optar á praza do programa MIR e non cumpriran

o período completo de formación na especialidade: por cada ano completo de residente e ata un máximo de 3 puntos: 1 punto.

Os apartados 2) e 3) son excluíntes entre sí.

* Formación noutras especialidades:

1) Por acreditar a especialidade de medicina interna: 3 puntos.

2) Por acreditar calquera outra especialidade: 1,50 puntos.

Só poderá ser valorada unha especialidade por aspirante.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 7 puntos.

1) Aspirantes que desempeñaran praza de médico titular, médico de medicina xeral ou médico de servicios de urxencia hospitalaria e extrahospitalaria:

-Por cada mes de servicios en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,08 puntos.

-Por cada mes de servicios noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da U.E.: 0,04 puntos.

-Por cada mes de servicios en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da U.E.: 0,02 puntos.

2) Aspirantes que desempeñaran praza noutras especialidades:

-Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,04 puntos.

-Por cada mes de servicios noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da U.E.: 0,02 puntos.

-Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da U.E.: 0,01 puntos.

3) Médicos axudantes de cupos cirúrxicos.

-Por cada mes de servicios prestados: 0,04 puntos.

4) Por ter prestado servicios en virtude da opción regulamentada no suposto especial 7º (lista especial) do presente pacto, sempre que o aspirante, trala efectividade dese sistema especial de cobertura, se mantivera na situación de alta e dispoñibilidade no referida lista especial: 2,00 puntos.

5) Con carácter excepcional e como situación transitoria derivada do contido do pacto de 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), os aspirantes que teñan debidamente acreditada, mediante certificación expedida polo centro de xestión correspondente, a realización dun mínimo de 10 fins de semana ou festivos en zonas rurais dos centros de atención primaria xestionadas polo Sergas, servicios de saúde doutras comu

nidades autónomas ou dependentes do Insalud, asinaráselles unha puntuación de: 0,25 puntos.

A mesma puntuación asignaráselles ós que tiveran desempeñado os seus servicios en días ou bloque de dous días illados non festivos, nun número mínimo de 20.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo, así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E., acreditaranse por medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

IV. Outos méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 3 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina e colexios oficiais de médicos ou acreditados polos órganismos competentes, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da atención primaria de saúde, a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

* Duración de 101-250 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 251-450 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 451 en diante: 1,20 puntos.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o se contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia (con expresión, caso, da cualificación de aptitude).

V. Coñecementos de língua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de língua galega: 0,5 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de língua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste apartado V é de 1 punto.

BAREMO DE ATS-DUE.

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1) Estudios de diplomatura de ATS/DUE.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física.

2) Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

II. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1) Polo título ou diploma de especialidades de ATS/DUE que recoñeza a normativa vixente, expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia: 1 punto.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 10 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde como ATS/DUE: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como ATS/DUE noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da U.E.: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados como ATS/DUE en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da U.E.: 0,05 puntos.

4) Por ter prestado servicios en virtude da opción regulamentada no suposto especial 7º (lista especial) do presente pacto, sempre que o aspirante, trala efectividade dese sistema especial de cobertura, se mantivera na situación de alta e dispoñibilidade no referido listado especial: 2,00 puntos.

5) Con carácter excepcional e como situación transitoria derivada do contido do pacto do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), ós aspirantes que teñan debidamente acreditada, mediante certificación expedida polo centro de xestión correspondente, a realización dun mínimo de 10 fins de semana ou festivos en zonas rurais dos centros de atención primaria xestionadas polo Sergas, servicios de saúde doutras Comunidades Autónomas ou dependentes do Insalud, asignaráselles unha puntuación de: 0,25 puntos.

A mesma puntuación asignaranselle ós que tiveran desempeñado os seus servicios en días ou bloque de dous días illados non festivos, nun número mínimo de 20.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do ATS/DUE, así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como ATS/DUE.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E., acreditaranse por medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

IV. Outos méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 6 puntos.

1) Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 4 anos: 1 punto (máximo 3 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa aportación de certificado da vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

3) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella e colexios oficiais de enfermería, ou acreditados polos órganismos competentes, sempre cos mesmos teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 101-200 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 201-500 horas: 1 punto.

* Duración de 501 en adiante: 2 punto.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

V. Coñecementos de língua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación da língua galega: 0,50 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento da língua galega: 1 punto.

* A puntuación máxima deste apartado V é de 1 punto.

BAREMO DE MATRONAS

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1. Estudios da diplomatura de ATS-DUE, asistencia obstétrica-xinecolóxica (matrona):

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de relixión, formación política, educación física, e idioma.

2. Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

II. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 12 puntos.

1. Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde como matrona: 0,25 puntos.

2. Por cada mes como matrona noutras institucións sanitarias públicas españolas ou algún país da U.E.: 0,10 puntos.

3. Por cada mes como matrona en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da U.E.: 0,05 puntos.

4) Por ter prestado servicios en virtude da opción regulamentada no suposto especial 7º (lista especial) do presente pacto, sempre que o aspirante, trala efectividade dese sistema especial de cobertura, se mantivera na situación de alta e dispoñibilidade na referida lista especial: 2,00 puntos.

5) Con carácter excepcional e como situación transitoria derivada do contido do pacto de 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), ós aspirantes que teñan debidamente acreditada, mediante certificación expedida polo centro de xestión correspondente, a realización dun mínimo de 10 fins de semana ou festivos en zonas rurais dos centros de atención primaria xestionadas polo Sergas, servicios de saúde doutras comunidades autónomas ou dependentes do Insalud, asinaráselles unha puntuación de: 0,25 puntos.

A mesma puntuación asignárselles ós que tiveran desempeñado os seus servicios en días ou bloque de dous días aillados non festivos, nun número mínimo de 20.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada da matrona, así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da seguridade social de cotizacións como matrona.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E., acreditaranse por medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

III. Outros méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 6 puntos.

1. Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 4 anos: 1 punto (máximo 3 puntos).

O tempo de desemprego contemplado deberá acreditarse necesariamente coa aportación de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

3. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella, e colexios oficiais de enfermería ou acreditados polos organismos competentes, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 101-200 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 201 -500 horas: 1 punto.

* Duración de 501 en adiante: 2 puntos.

A puntación máxima por este apartado será de 3 puntos.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

IV. Coñecementos de língua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de língua galega: 0,50 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de língua galega: 1 punto.

* A puntuación máxima deste apartado IV é de 1 punto.

BAREMO DE FISIOTERAPEUTAS

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1. Estudios de fisioterapeuta ou diplomados en fisioterapia:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de relixión, formación política, educación física e idiomas.

2. Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

II. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 12 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde coma fisioterapeuta: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como fisioterapeuta, noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da U.E.: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados como fisioterapeuta en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da U.E.: 0,05 puntos.

4) Por ter prestado servicios en virtude da opción regulamentada no suposto especial 7º (lista especial) do presente pacto, sempre que o aspirante, trala efectividade dese sistema especial de cobertura, se mantivera na situación de alta e dispoñibilidade na referida lista especial: 2,00 puntos.

5) Con carácter excepcional e como situación transitoria derivada do contido do pacto de 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), ós aspirantes que teñan debidamente acreditada, mediante certificación expedida polo centro de xestión correspondente, a realización dun mínimo de 10 fins de semana ou festivos en zonas rurais dos centros de atención primaria xestionadas polo Sergas, servicios de saúde doutras comunidades autónomas ou dependentes do Insalud, asinaráselles unha puntuación de: 0,25 puntos.

A mesma puntuación asignarase ós que tiveran desempeñado os seus servicios en días ou bloque de dous días illados non festivos, nun número mínimo de 20.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do fisioterapeuta, así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como fisioterapeuta.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E., acreditaranse a medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática do país de que se trate.

III. Outos méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 6 puntos.

1. Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 4 anos: 1 punto (máximo 3 puntos).

O tempo de desemprego considerado deberá acreditarse necesariamente coa aportación de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

3. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM e Cruz Vermella ou acreditados polos órganismos competentes, sempre que os mesmos teñan un contido relacionado cas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

* De 40-100 horas: 0,20 puntos.

* De 101-200 horas: 0,40 puntos.

* De 201-500 horas: 1 punto.

* De 501 en diante: 2 puntos.

(máximo 3 puntos)

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

IV. Coñecementos de língua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de língua galega: 0,50 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de língua galega: 1 punto.

(máximo 1 punto)

BAREMO DE TÉCNICOS ESPECIALISTAS

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1,5 puntos.

Estudios de técnico especialista de formación profesional de 2º grao, rama sanitaria da especialidade de que se trate, no caso de que o expediente académico teña calificacións individualizadas por cada disciplina (non se consideran como materias valorables: relixión, formación política, formación física e idiomas).

Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

Por cada notable: 1 punto.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos

Notable: 7 puntos

Ben: 6 puntos

Suficiente: 5 puntos.

II. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante, polo conxunto dos méritos previstos neste apartado, será de 4,5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM e Cruz Vermella ou acreditados polos órganismos competentes, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

* De 30-60 horas: 0,25 puntos.

* De 61-100 horas: 0,50 puntos

* De 101-200 horas: 1 punto.

* De 201-en diante: 2 puntos.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional que, se é o caso, o imparta. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior,

sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude)

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 10 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados como técnico especialista en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como técnico especialista noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da U.E.: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados como técnico especialista en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da U.E.: 0,05 puntos.

4) Por ter prestado servicios en virtude da opción regulamentada no suposto especial 7º (lista especial) do presente pacto, sempre que o aspirante, trala efectividade dese sistema especial de cobertura, se mantivera na situación de alta e dispoñibilidade na referida lista especial: 2,00 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do técnico especialista, así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como técnico especialista.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E., acreditaranse a medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

5) Co contido seguinte con carácter exepcional e como situación transitoria derivada do contido do pacto do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), ós aspirantes que teñan debidamente acreditada, mediante certificación expedida polo centro de xestión correspondente, a realización dun mínimo de 10 fins de semana ou festivos en zonas rurais dos centros de atención primaria xestionadas polo Sergas, servicios de saúde doutras comunidades autónomas ou dependentes do Insalud, asinaráselles unha puntuación de: 0,25 puntos.

A mesma puntuación asinarase ós que tiveran desempeñado os seus servicios en días ou bloque de dous días illados non festivos, nun número mínimo de 20.

IV. Outros méritos.

A puntuación máxima será de 4 puntos.

1) Por cada ano fraccionable en meses en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 4 anos: 1 punto.

O tempo de desemprego considerado deberá acreditarse necesariamente coa aportación de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

V. Coñecementos de língua galega

1) Pola realización do curso de iniciación de língua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de língua galega: 1 punto.

(máximo 1 punto).

BAREMO DE AUXILIARES DE ENFERMERÍA

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1,5 puntos.

Estudios de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria:

Cada curso con calificación de sobresaliente na área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos: 1,5 puntos.

Cada curso con calificación de notable, na área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos: 1 punto.

No suposto de que as cualificacións non veñan especificadas por áreas de coñecementos, a puntuación a acreditar será a seguinte:

Por cada sobresaliente: 9 puntos.

Por cada notable: 7 puntos.

Neste suposto, as disciplinas a avaliar serán:

Tecnoloxía.

Prácticas.

Técnicas de expresión gráfica.

Non se computarán aquelas materias que poidan estar validadas.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas.

Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos

Notable: 7 puntos

Ben: 6 puntos.

Suficiente: 5 puntos.

II. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 4,5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impar

tidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM e Cruz Vermella ou acreditados polos órganismos competentes, sempre que os mesmos teñan un contido relacionado cas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

de 30-60 horas: 0,25 puntos

de 61-100 horas: 0,50 puntos

de 101-200 horas: 1 punto

de 201 en adiante: 2 puntos

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos este feita conforme ca unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previsto neste apartado será de 10 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucions sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde como auxiliar de clínica ou auxiliar de enfermería: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como auxiliares de clínica ou auxiliares de enfermería noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da U.E.: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da U.E. como auxiliar de clínica ou auxiliar de enfermería: 0,05 puntos.

4) Por ter prestado servicios en virtude da opción regulamentada no suposto especial 7º (lista especial) do presente pacto, sempre que o aspirante, trala efectividade dese sistema especial de cobertura, se mantivera na situación de alta e dispoñibilidade na referida lista especial: 2,00 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do auxiliar de enfermería, así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como auxiliar de enfermería.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E., acreditaranse a medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

IV. Outros méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste apartado será de 4 puntos.

1) Por cada ano fraccionable en meses en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 4 anos: 1 punto.

O tempo de desemprego considerado deberá acreditarse necesariamente coa aportación de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

V. Coñecementos de língua galega

1) Pola realización do curso de iniciación de língua galega: 0,50 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de língua galega: 1 puntos.

(Máximo 1 punto)

BAREMO DE PERSOAL NON SANITARIO

I. Formación.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 6 puntos.

1. Por cada exercicio aprobado nas oposicións convocadas polo Sergas, Insalud ou calquera outro servicio de saúde integrante do Sistema Nacional de Saúde, á mesma categoría á que se opta: 3,50 puntos.

Para o suposto de que o aspirante se presentara a oposicións celebradas de modo simultáneo ou sucesivo, só se poderá ter en conta o exercicio ou exercicios correspondentes á unha única convocatoria.

2. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella e colexios profesionais ou acreditados polos órganismos competentes, sempre cós mesmos teñan un contido relacionado cas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

de 20-40 horas: 0,25 puntos.

de 41-60 horas: 0,50 puntos.

de 61-200 horas: 1 punto.

de 201 en diante: 2 puntos.

(Máximo 3 puntos)

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

3. Pola titulación específica relacionada coa praza á que se opta, sexa ou non título habilitador para o seu desempeño: 4,00 puntos.

Idéntica puntuación asignarase no caso dos aspirantes á categoría de psicólogo, por ter seguido a rama ou especialidade académica de psicoloxía clínica evolutiva nos estudios da licenciatura.

4. Para as categorías integrantes dos grupos A e B, incluídas no ámbito de aplicación do Estatuto de persoal non sanitario, valorarase o expediente académico relativo ó título ou diplomatura que se acredite para acceder á praza solicitada, cun máximo de 3 puntos a razón de:

-Grupos A e B:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

-Grupo A:

Grao de doutor: 1,5 puntos.

-Grupo B:

Por premio fin de carreira: 1,5 puntos.

II. Formación posgraduada:

A) Pola acreditación do titulo de psicólogo clínico a través do programa de formación posgraduada PIR (psicólogo interno residente): 10,00 puntos.

B) Pola acreditación do título anteriormente mencionado, a través doutro medio ou vía distinta do reflectido no parágrafo anterior: 4,00 p.

Os apartados A ) e B) son excluíntes.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 10 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados na mesma categoría á que se opte, en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados na mesma categoría á que se opte, noutras institucions sanitarias públicas españolas ou dun país da U.E.: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados, na mesma categoría a que se opte, en institucións sanitarias privadas ou en institucións públicas que non sexan de carácter sanitario españolas ou dun país da U.E.: 0,05 puntos.

4) Por cada mes de servicios prestados na mesma categoría á que se opta, en empresas de carácter privado españolas ou dun país da U.E.: 0,025 puntos.

5) Por ter prestado servicios en virtude da opción regulamentada no suposto especial 7º (lista especial) do presente pacto, sempre que o aspirante, trala efectividade dese sistema especial de cobertura, se mantivera na situación de alta e dispoñibilidade na referida lista especial: 2,00 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias e empresas privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do personal non sanitario de que se trate, así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como tal persoal.

Os servicios prestados en institucións sanitarias, tanto públicas como privadas, e empresas privadas, dalgún país integrante da U.E., acreditaranse a medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

III. Outros méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste apartado será de 4 puntos.

1) Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos catro anos: 1 punto.

O tempo de desemprego, deberá acreditarse necesariamente coa aportación de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

IV. Coñecementos de língua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de língua galega: 0,5 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de língua galega: 1 punto.

(Máximo 1 punto)

CUESTIÓNS ESPECIFICAS A TER EN CONTA NA BAREMACIÓN

Promoción profesional.

Ó persoal de promoción profesional aplicaráselle a totalidade dos méritos contidos nos baremos correspondentes á categoría que opten, bardante ó referinte a tempo de desemprego, que será substituído pola antigüidade acreditada na categoría que ostenta en propiedade no centro sanitario onde presta servicios.

As puntuacións serán idénticas ás asignadas, no apartado correspondente de cadanseu baremo, ó tempo acreditado por desemprego total non subsidiado.

Réxime de homologación dos coñecementos de língua galega.

O grao de iniciación á lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato (incluído COU):

Un ano cursado e aprobado da materia de língua galega.

-En formación profesional:

Un ano cursado e aprobado da materia de língua galega.

-Na universidade:

Un ano cursado e aprobado de língua galega.

O grao de perfeccionamento de lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato:

Dous anos cursados e aprobados da materia de língua galega (incluído COU).

-En formación profesional:

Tres anos cursados e aprobados da materia de língua galega.

-Na universidade:

Dous anos cursados e aprobados da materia de língua galega.

Os certificados de homologación serán expedidos, no caso do bacharelato e da formación profesional, polos propios servicios administrativos dos centros onde se cursaron os estudios, logo de solicitude dos interesados.

No caso dos estudios universitarios o certificado será solicitado polos interesados á Dirección Xeral de Política Lingüística, órgano competente para tal acreditación.

Normativa aplicable:

-Orde do 25 de abril de 1989 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29-5-1989).

-Orde do 19 de xaneiro de 1989 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8-2-1989).

ANEXO I

A) Provincia da Coruña:

-Área sanitaria da Coruña.

Áreas máis próximas: Ferrol e Santiago de Compostela.

-Área sanitaria de Ferrol.

Áreas máis próximas: A Coruña e Burela.

-Área sanitaria de Santiago de Compostela.

Áreas máis próximas: A Coruña e Pontevedra.

B) Provincia de Lugo:

-Área sanitaria de Burela.

Áreas máis próximas: Lugo e Ferrol.

Área sanitaria de Lugo.

Áreas máis próximas: Burela e Monforte.

-Área sanitaria de Monforte.

Áreas máis próximas: Lugo e O Barco de Valdeorras.

C) Provincia de Ourense:

-Área sanitaria de Ourense.

Áreas máis próximas: O Barco de Valdeorras.

-Área sanitaria de O Barco de Valdeorras.

Áreas máis próximas: Ourense e Monforte.

D) Provincia de Pontevedra:

-Área sanitaria de Pontevedra.

Áreas máis próximas: Santiago de Compostela e Vigo.

-Área sanitaria de Vigo.

Área máis próxima: Pontevedra.

Para os médicos xerais cas áreas deben coincidir cas xerencias de atención primaria, tendo en conta que os seus servicio soamente se prestan en centros de atención primaria e nunca nun centro de atención especializada. Polo tanto as ditas áreas son as seguintes:

A) Provincia da Coruña:

-Área da Coruña

Áreas máis próximas: Ferrol e Santiago de Compostela.

-Área de Ferrol.

Áreas máis próximas: A Coruña e Lugo.

-Área de Santiago de Compostela.

Áreas máis próximas: A Coruña e Pontevedra.

B) Provincia de Lugo.

-Área de Lugo.

Áreas máis próximas: Ferrol.

C) Provincia de Ourense.

-Área de Ourense.

Áreas máis próxima: Pontevedra Sur

D) Provinca de Pontevedra.

-Área de Pontevedra Norte.

Áreas máis próximas: Santiago de Compostela e Pontevedra Sur

-Área de Pontevedra Sur.

Áreas máis próximas: Pontevedra Norte.

ÁREAS DE XESTIÓN

Para médicos xerais: (substitucións)

A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol.

Lugo.

Ourense.

Pontevedra (Á. Norte), Vigo (Á. Sur).

Para o resto do persoal:

A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol.

Lugo, Burela, Monforte.

Ourense, O Barco de Valdeorras.

Pontevedra (Á. Norte), Vigo (Á. Sur).

Relación de categorías que poden solicitarse coa indicación da titulación mínima esixida para cada grupo de titulación:

CATEGORÍAS DO GRUPO A:

* Médico xeral (título de licenciatura en medicina).

* Grupo técnico da función administrativa (título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente).

* Psicólogo (título de licenciatura en psicoloxía).

CATEGORÍAS DO GRUPO B:

* Matrona (título de diplomado en enfermería, coa especialidade de matrona).

* Fisioterapeuta (título de diplomado en fisioterapia).

* ATS/DUE (título de diplomado en enfermería).

* Terapeuta ocupacional (título de diplomado en terapia ocupacional).

* Logopeda (título de diplomado en logopedia).

* Grupo de xestión da función administrativa (enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de 3º grao ou equivalente).

* Asistente social (título de diplomatura de A. social).

CATEGORÍAS DO GRUPO C:

* Grupo administrativo da función administrativa (bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente).

* Cociñeiro (bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente).

* Técnico especialista en laboratorio, radioterapia, anatomía patolóxica ou técnico hixenista dental (formación profesional de 2º grao rama sanitaria).

CATEGORÍAS DO GRUPO D:

* Auxiliar de enfermería (formación profesional 1º grao rama sanitaria).

* Grupo auxiliar da función administrativa (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Albanel (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Electricista (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Fontaneiro (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Calefactor (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Mecánico (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Carpinteiro (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Perruqueiro (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Conductor (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Pintor (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Costureira (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente).

* Telefonista (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

CATEGORÍAS DO GRUPO E:

* Celador (certificado de escolaridade ou equivalente).

* Pinche (certificado de escolaridade ou equivalente).

* Lavandeira (certificado de escolaridade ou equivalente).

* Pranchadora (certificado de escolaridade ou equivalente).

* Limpadora (certificado de escolaridade ou equivalente).

CATEGORÍAS CON ALGÚN REQUISITO ESPECIAL:

Conductor (carné de conducir B2).

Cociñeiros e pinches (carné de manipulador de alimentos).

Calefactores (carné de operador industrial de caldeiras).

Importante: nas direccións provinciais do Sergas figuran as categorías concretas, por área de xestión.

Taxas: tal como establece a Lei 13/1991, do 4 de decembro, de taxas, deberanse aboa-los seguintes importes:

Por expedición de certificados: 360 ptas.

Compulsa de documentos:

-Primeiro folio ou folio único: 200 ptas.

-Por cada un dos folios seguintes do mesmo documento: 50 ptas.

Idade mínima: a idade mínima esixida será de 18 anos cumpridos, polo menos, o último día do prazo de presentación de solicitudes.

95-7796