Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 512

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

ANUNCIO do 26 de decembro de 1995, da Xerencia de Infraestructura da Defensa (Delegación de Galicia e Asturias), relativo á reversión da franxa de terreo de 102,5 m da Fábrica de Armas da Coruña, ocupada pola ampliación e mellora da estrada de Eirís.

Para dar cumprimento ó disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, e tendo en conta o

establecido na Orde do 22 de xaneiro de 1976 (BOE núm. 45, do 21 de febreiro) respecto a efectos de notificación con carácter gratuíto, procédese á publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte texto:

«O ministro de Defensa, con data do 19 de xuño de 1995, desafectou do fin público a que estaban destinados os terreos do inmoble nomeado franxa de terreo de 102,5 m da Fábrica de Armas da Coruña, ocupada pola ampliación e mellora da estrada de Eirís, na dita cidade.

Os ditos terreos fóronlles expropiados no seu día ós propietarios relacionados a continuación:

PropietarioParcelaSuperficie m

José López García Parte da nº 1, 2, 329 m
Antonia Gabin Parte da nº 4, 4, 440,8 m
Manuel Moinelo FernándezParte da nº 51110,1 m
Eduardo López GarcíaParte da nº 5127,5 m
Ricardo Romero VázquezParte da nº 5136 m
Cándido Fernández JaspeParte da nº 5144,5 m
Nieves Núñez RíosParte da nº 5152,1 m
María RivasParte da nº 5162,5 m

Para iso, en cumprimento da instrucción 25/1993, do 18 de marzo, sobre a tramitación de procedemento administrativo no ámbito do Ministerio de Defensa, ponse no coñecemento dos primitivos donos ou habentes causa que desapareceu a afectación ó fin público a que estaban destinados os ditos terreos, polo que no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste edicto, poderán exerce-los dereitos de reversión que lles outorgan os artigos 54 e 55 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, en relación cos artigos 63 e seguintes do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957.

Para o exercicio destes dereitos, os interesados deberán formula-las oportunas alegacións perante a Xerencia de Infraextructura da Defensa, r/ Princesa, 32., 28008 Madrid.»

A Coruña, 26 de decembro de 1995.

Ricardo Paz Canalejo

O Tcol. delegado