Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 6, do martes 9 de xaneiro de 1996, cómpre face-las seguintes correccións:
-Na páxina 224, primeiro parágrafo, onde di: «Convócase o concurso público, polo trámite de urxencia para obras de cableado...», debe dicir: «Convócase o concurso público, procedemento aberto para obras de cableado...».
-Na mesma páxina, no parágrafo segundo, onde di: «O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de traballos de consultoría e asistencia...», debe dicir: «O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras...».
96-0051