Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da canteira de cuarcita denominada As Cruces, da provincia de Ourense.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de canteira de cuarcita denominada As Cruces, situada en Vilavella-A Canda, concello da Mezquita e solicitado pola empresa Cuarcitas de Villavella, S.L.

Os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-0158