Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/180-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., Subt. a 20 kV, C.T. 400 kVA e R.B.T. en Avda. de Santiago.

Situación: T.M. de Negreira.

Características técnicas:

-Derivada de liña eléctrica subterránea de media tensión, en dobre circuíto baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, en (1x150) mm/2 Al, de 50 m de lonxitude, con orixen na liña que alimenta o C.T. en Avda. de Santiago (Expete. 26657) e final en C.T. que se vai instalar na mesma rúa.

-Centro de transformación en edificio vivendas en Avda. de Santiago, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e grampada, de 477 m de lonxitude e en conductor R.Z., T.M. de Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-119