Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/177-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T, C.T.A. e R.B.T. en Escarabuñas.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 160 m de lonxitude, con orixe na liña monte da

Vila, cruzamento Peregrina (Expte. 51738) e final no C.T. que se vai instalar en Escarabuñas.

-Centro de transformación aéreo de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Escarabuñas, con rede de baixa tensión sobre apoios formigón e conducotr R.Z. de 466 m de lonxitude. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0022