Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/176-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 1 ó proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. Zas-Gonte.

Situación: Negreira.

Características técnicas:

Modificado o proxecto nomeado L.M.T., C.T. e R.B.T. en Zas (Negreira).

Consistente en:

-Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 952 m de lonxitude, que parte da liña Ameixeiras-Negreira, Ponte Insua (Expte. 51502) e final no C.T. de Zas.

-Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Zas, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón conductor R.Z. de 2.951 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Zas, Gonte e Gándara. Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0020