Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 477

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 3 de xaneiro de 1996 pola que se resolve parcialmente a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 3 de xullo de 1995 (DOG número 134 do 13 de xullo de 1995).

Convocada a provisión polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda por Orde do 23 de febreiro de 1995 (DOG nº 134, do 13 de xullo), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería dispón resolver parcialmente a dita convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro: designa-los funcionarios que se citan no anexo desta orde para ocupa-los postos que asímesmo se sinalan.

Segundo: os cesamentos nos actuais destinos efectuaranse segundo o previsto no artigo 14 do Decreto

93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

As tomas de posesión deberán facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarse de postos na mesma localidade.

Terceiro: a xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto: contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO

NRP ou DNIGrupoApelidos e nomeDenominación do postoNivelC.específicoCódigo do postoCentro

directivo

Localidade
3384768324 A2051BÁlvarez Álvarez, Mª JoséXefe Servicio de Xestión Económica e Admva.28A1.639.104EFA010000015770041IGESantiago de

Compostela

3599239113 A2060ALinares Cuerpo, Mª DoloresXefe Servicio Estatísticas Sociais28A1.639.104EFA010000015770030IGESantiago de

Compostela

3378483468 A2060AOrdax-Avecilla Varela,

Federico

Xefe Servicio Estatística Cª Industria e Comercio28A1.639.104EFA010000315770001IGESantiago de

Compostela

1173379202 A2063ACarballo Fernández,

José Carlos

Xefe Servicio Estadística Cª Agricultura, G. e M.28A1.639.104EFA010000415770001IGESantiago de

Compostela

3321087446 A2060ASantiso Blanco, Jorge A.Xefe Servicio Contabilidade Rexional28A1.639.104EFA010000115770022IGESantiago de

Compostela

96-0151