Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Cooperativas Orensanas, S. Coop. Lta. (Coren), que se situará nas súas instalacións do polígono industrial San Cibrao das Viñas (Ourense); expediente número 2/1995.

Coren, con domicilio para efectos de notificación na rúa Xoán XXIII nº 33 de Ourense, solicitou con data 20-10-1994 autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica e concesión da condición de autoxerador eléctrico, co gallo de acollerse ós beneficios previstos no Real decreto 872/1982, do 5 de marzo, sobre tramitación de expedientes de solicitude de beneficios creados pola Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía, e xuntou o preceptivo anteproxecto da instalación e o estudio

dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, de acordo co esixido polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e Real decreto 907/1982, do 2 de abril, e orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo do mesmo ano, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica e normas para a obtención da condición de autoxerador eléctrico, respectivamente, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

A devandita planta de coxeración situarase nos terreos da factoría que Coren posúe no polígono industrial San Cibrao das Viñas (Ourense), concretamente na fábrica de pensos-II, sita na parcela nº 2 do citado polígono.

Resultando que de conformidade co establecido no citado Decreto 2617/1966, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, dictou Resolución do 20 de xaneiro de 1995 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que foi publicada no DOG do 27-2-1995 e no BOP de Ourense do 14-2-1995, non presentándose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando que a planta de coxeración da que se solicita autorización administrativa ten as seguintes caracteristicas técnicas básicas:

-Un motor de combustión interna de fuel oil,de 3.600 kW de potencia.

-Un xerador eléctrico de 4.300 kVA de potencia nominal.

-Un transformador de potencia de 4.500 kVA, para as tensións 20/6 kV.

-Un transformador para servicios auxiliares de 315 kVA, 20/0,380-0,220 kV.

-Aparellaxe eléctrica de potencia, mando, sinalización, medida e interconexión a 20 kV coa rede distribuidora de enerxía.

Resultando que a concesión da autorización administrativa da devandita planta de coxeración á entidade mercantil solicitante, foi proposta e recibiu o informe favorable do delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, e 292/1995, do 30 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a orde do Ministerio de Industria e

Enerxía do 7 de xullo de 1982, sobre obtención da condición de autoxerador eléctrico.

Considerando que este órgano directivo, o 20 de xaneiro de 1995, dictou resolución pola que se lle concedía á devandita empresa a condición de autoxerador eléctrico para a súa futura planta de coxeración do polígono industrial San Cibrao das Viñas, a cal estaba condicionada á subscrición do convenio a que fai referencia o apartado terceiro do punto 2.3º da sinalada orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 7 de xullo de 1992, e á concesión da autorización administrativa da planta de coxeración, autorización obxecto precisamente da presente resolución.

Considerando que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta na normativa antes mencionada e que coa construcción desta planta promóvese a utilización de enerxías residuais, así comoa reducción de perdas, gastos e investimentos en transporte de enerxía, dentro das medidas de fomento que teñen a súa orixe na citada Lei 82/1980.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Coren, que se instala na factoría que a dita empresa ten no polígono industruial de San Cibrao das Viñas (Ourense).

O promotor deberá presentar perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, no prazo de seis meses contados a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión, de acordo co sinalado na orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 5 de setembro de 1985. Excepcionalmente poderá concederse unha prórroga a este prazo por causa debidamente xustificada.

Como requisito necesario para a aplicación á dita instalación do réxime especial creado polo citado Real decreto 2366/1994, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5-7-1995 (DOG do 14-7-1995).

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8311