Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de decembro de 1995 pola que se aproba o plan de emerxencia exterior do polígono industrial de Praceres-Lourizán.

O Real decreto 886/1988, sobre a prevención de accidentes maiores, no seu artigo 4.2º b), indica que os órganos competentes das comunidades autónomas deberán elaborar e aproba-los correspondentes plans de emerxencia exterior das industrias afectadas por el.

O Decreto 261/1994, do 29 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG do 17 de agosto de 1994), no artigo 9º, puntos 2.1.b) e 2.1.c), indica que a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente terá como funcións a elaboración, coordinación e, se é o caso, a dirección dos plans territoriais e especiais que se indican na norma básica de protección civil, sendo un deles os plans de emerxencia exterior das industrias e polígonos afectados polo Real decreto 886/1988 que estean establecidos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

Pola Resolución do 11 de outubro de 1994, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente publícase o Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Pla

terga), despois de súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia en reunión celebrada o 14 de xullo de 1994, e homologación pola Comisión Nacional de Protección Civil na súa reunión do 30 de setembro de 1994.

A Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia, órgano competente en materia de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, en colaboración cos responsables de tódolos servicios intervenientes doutras administracións, elaborou o plan de emerxencia exterior do Polígono Industrial dos Praceres-Lourizán.

Conforme se establece no artigo 2º, apartado c), de Decreto 208/1993, o anterior plan de emerxencia exterior informouno favorablemente a Comisión Galega de Protección Civil na súa reunión do 14 de decembro de 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o plan de emerxencia exterior do Polígono Industrial dos Praceres-Lourizán.

Disposicións derradeiras

Pimeira.-Facúltase o secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente para realizar tódalas actuacións e dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-O plan de emerxencia exterior entrará en vigor trala súa homologación pola Comisión Nacional de Protección Civil, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, de protección civil.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8310