Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do predio en Camiño de Espiñeiro, 126.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 26 de outubro de 1995, o estudio de detalle predio Camiño de Espiñeiro, 126 (3393/411), redactado polo arquitecto Xosé A. Comesaña García, visado polo COAG con data 9 de decembro de 1995, coas seguintes particularidades:

a) A cesión de dominio ó Concello de Vigo é de 210 m para vial público;

b) O promotor correrá ás súas expensas coa urbanización. Igualmente, deberá correr co mantemento do vial proxectado no estudio de detalle na parte que excede do que figura no PXOU, aínda despois de que o concello reciba o vial previsto no PXOU.

Sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro de anuncios do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Sinálese como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: estacionamento do restaurante Sanataoria Pepiño.

Sur: terreo de Prudencia Ríos García.

Leste: herdeiros de Antonio Martínez.

Oeste: rúa José Antela Conde.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 30 de novembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde