Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de novembro de 1995, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas complementarias e subsidiarias deste concello na parcela onde se atopa o Instituto de Ensino Secundario e Profesional (IESP).

Polo que, en cumprimento do disposto no R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime de solo e ordenación urbana, se somete o expediente a información pública nas dependencias municipais (r/ Alfonso VII, 31-1º), durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no BOP de Lugo, con obxecto de que os interesados poidan examina-la citada documentación e presenta-las alegacións oportunas mediante escrito dirixido á alcaldía-presidencia.

Mondoñedo, 4 de decembro de 1995.

Xusto Fernández Haro

Alcalde en funcións

8209