Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 430

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (303/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número

303/1995, promovido por Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, contra Construvent Estradense, S.A., nos que, por resolución desta data, se acordou sacar á venda en pública poxa os inmobles que ó final se describen, o remate dos cales terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa, o día 28 de febreiro próximo, ás doce horas, e servirá de tipo o pactado na escritura da hipoteca, que sinala a descrición de cada un dos predios que se poxan.

En segunda poxa, caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 27 de marzo próximo, ás doce horas, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 24 de abril próximo, ás doce horas, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa, en primeira nin en segunda, e poderase face-lo remate en calidade de cedelo a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, agás o acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións do xulgado no BBV, nº conta 1592-18-303-95, o vinte por cento do tipo expresado, e sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes; e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

1. Local comercial da planta baixa da Avda. Mestre Mateo, pertencente a unha edificación composta de tres bloques, un á rúa Mestre Mateo e os outros dous identificados como dous e tres, á rúa Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Superficie útil: dous mil trece metros cadrados. Lindeiros, con inclusión de portais, relanzo, ocos das escaleiras e caixa de ascensor: norte, rúa Mestre Mateo; sur, rúa Rosalía de Castro; leste, casa nº 9 da rúa Mestre Mateo e 124 da rúa Rosalía de Castro; e oeste, casa nº 17 da rúa Mestre Mateo e 137 da rúa Rosalía de Castro. Inscrita no tomo 1134, libro 176 de Santiago de Compostela, folio 60, predio 16.430 do Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela. Tipo para a poxa: 559.362.375 ptas.

2. Local comercial centro da planta baixa do bloque 2 da rúa Rosalía de Castro, pertencente a unha edificación composta de tres bloques, un á rúa Mestre Mateo e outros dous identificados como dous

e tres á Avda de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Superficie útil: cento sesenta e seis metros cadrados. Linda: norte, zona libre entre bloques; sur, cuarto de contadores e escaleiras de acceso comercial; leste, local anterior; e oeste, local comercial, cuarto de contadores e escaleiras de acceso comercial. Inscrito no tomo 1134, libro 176 de Santiago de Compostela, folio 64, predio nº 16.432 do Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela. Tipo para a poxa: 82.004.000 ptas.

3. Local comercial da planta baixa do bloque tres da Avda. Rosalía de Castro, pertencente a unha edificación composta de tres bloques, un á rúa Mestre Mateo e outros dous identificados como dous e tres na Avda. de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Superficie útil: douscentos cincuenta metros cadrados. Ten anexa unha terraza pola súa parte posterior ou norte, duns trinta e tres metros cadrados. Linda, con inclusión da terraza: norte, terraza anexa ó local nº 7; sur, Avda. de Rosalía de Castro; leste, casa nº 124 da rúa Rosalía de Castro; e oeste, local comercial do bloque 2. Inscrito no tomo 1134, libro 176 de Santiago de Compostela, folio 68, predio 16.434 do Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela. Tipo para a poxa: 123.500.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o doce de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9508141