Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 8 de xuño de 1994, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Na base común 10 da Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10), regúlase e establécese a necesidade de realizar prácticas docentes previas ó nomeamento dos interesados como funcionarios de carreira, co obxecto de valora-las aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron os procedementos selectivos e non estean dispensados desta fase de prácticas.

Na súa virtude, esta Direccion Xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de ensino secundario serán nomeadas tres comisións cualificadoras, unha de ciencias, outra de letras e outra de tecnolóxicas formadas por especialistas nas respectivas áreas e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de ensino secundario.

Segundo.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores técnicos de formación profesional será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas distintas materias e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección central.

-Catro vocais, designados entre os profesores técnicos de formación profesional.

Terceiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores de música e artes escénicas será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas distintas materias e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de música e artes escénicas.

Cuarto.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas distintas materias e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de escolas oficiais de idiomas.

Quinto.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores de artes plásticas e deseño será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas distintas materias e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de artes plásticas e deseño.

Sexto.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas distintas materias e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Sétimo.-A Inspección ó servicio da Administración educativa poderá visita-lo profesorado en prácticas e emitirá un informe sobre o desenvolvemento da súa función, que será tido en conta pola comisión avaliadora.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

110