Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (209/1995).

Neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo, número 209/1995, seguidos a pedimento de Banco

Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Consuelo Guerra Andrades, Manuel Castro Barreiro, Josefina Fernández Guerra e O Marquiño, S.L., nos que se acordou a seguinte resolución:

Por atoparse a entidade demandada O Marquiño, S.L. en paradoiro descoñecido, procédese conforme o disposto nos artigos 1444 e 1460 da LAC.

Concédeselle-lo termo de nove días para que comparezan en forma en autos e se opoñan á execución se lles conviñese.

E para que lle sirva de citación de remate á entidade demandada O Marquiño, S.L., expido o presente edicto en Arzúa o vintedous de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

9508138