Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (202/1995).

Neste xulgado séguense autos de xuízo executivo nº 202/1995, seguidos a pedimento de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Consuelo Guerra Andrades, Manuel Castro Barreiro, Josefina Fernández Guerra, Manuel Fernández Guerra e Dolores Seoane Maroño, nos que se acordou a seguinte resolución:

Por atopárense os codemandados Manuel Fernández Guerra e Dolores Seoane Maroño en paradoiro descoñecido, procédese, conforme o disposto nos artigos 1444 e 1460 da LAC, á citación e requirimento de embargo, sen previo requirimento de pagamento, ós debedores arriba mencionados.

Concédeselle-lo termo de nove días para que compareza en autos e se opoñan á execución se lles conviñese.

Pola parte demandante, desígnase o embargo dos seguintes bens da propiedade dos demandados:

-Casa composta de planta baixa e piso, con terreo unido a labradío chamado terreo da casa do cura, cunha superficie de 120 metros cadrados por planta e o total do predio de 98 áreas e 27 centiáreas, na parroquia de Lardeiros, concello do Pino. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa,no tomo 472, libro 62,folio 117, predio nº 8.317.

E para que lles sirva de citación de remate e dilixencia ós demandados en paradoiro descoñecido, Manuel Fernández Guerra e Dolores Seoane Maroño, expido o presente edicto en Arzúa o vintedous de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

9508082