Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Residuos de Lugo, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Residuos de Lugo, S.A. (Código 2700452), da provincia de Lugo, asinado o día 3 de outubro de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 23 de outubro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Texto do convenio colectivo da empresa Relusa de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo é de ámbito de empresa e regula as relacións laborais na empresa concesionaria dos servicios públicos de limpeza do Concello de Lugo, Residuos de Lugo, S.A. (Relusa).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo subscríbese para o ámbito territorial do termo municipal de Lugo, no cal a empresa realiza, por concesión administrativa do Concello de Lugo, a limpeza pública no indicado termo municipal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidios ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria, recollida de lixo, vertedoiro controlado, vertedoiro de residuos inertes, limpeza da rede de sumidoiros e servicio de mantemento de papeleiras e colectores do Concello de Lugo.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración dun ano, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

Artigo 5º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro

de 1995, logo de acordo co Pleno Municipal do Concello de Lugo.

Artigo 6º.-Denuncia.

A denuncia do convenio realizarase un mes antes da data da súa finalización; de non facerse, prevalecerá o seu articulado, cos cambios lóxicos temporais, pero teranse que negocia-las táboas salariais do novo período.

Artigo 7º.-Salarios.

Durante a vixencia do convenio, son os sinalados na táboa que se xunta.

Artigo 8º.-Plus de transporte e/ou asistencia.

Durante a vixencia do convenio, son os sinalados na táboa que se xunta.

Artigo 9º.-Plus de actividade.

Durante a vixencia do convenio, son os sinalados na táboa que se xunta, en 12 mensualidades.

Artigo 10º.-Plus penoso, tóxico e perigoso.

Durante a vixencia do convenio, son os sinalados na táboa que se xunta.

O plus penoso e perigoso valórase como o 20% do salario base.

O plus tóxico, para o persoal adscrito ó servicio de vertedoiro e equipo mixto, será o 30% do salario base.

O cálculo dos pluses realizarase sobre 313 días, sendo o divisor para os peóns 25 días, e para o resto do cadro de persoal, 30 días.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense catro pagas que comprenden, cada unha delas, o salario base, antigüidade e plus de transporte, que se aboarán o día 15 dos meses de marzo, xullo, setembro e decembro.

Artigo 12º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período de vacacións de 31 días.

Establécese como período de vacacións os meses de xuño, xullo e agosto.

Poderase optar polo desfrute do dito período durante 16 días do verán (1 de xuño a 31 de agosto), que quedarán fixados á vontade do traballador, e 15 días noutro período calquera.

Aqueles traballadores que o acorden coa empresa poderán desfrutalo en calquera mes non fixado, sempre que o comuniquen antes do 31 de outubro de 1995.

O calendario de vacacións sera establecido pola comisión mixta paritaria do convenio.

O calendario de vacacións de 1996 terá que estar exposto no taboleiro de anuncios da empresa antes do 31 de decembro de 1995.

Artigo 13º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de baixa por incapacidade laboral transitoria (ILT), establécese o aboamento do 100% da mensualidade normal, sen límite ningún.

Artigo 14º.-Vestiario.

Facilitaráselles ós traballadores/as da limpeza dos locais municipais interiores, dous mandilóns en inverno e dous en verán, así como o calzado adecuado para cada época do ano.

Para os traballadores/as que realizan os seus cometidos no exterior, facilitaránselles dous uniformes, un de verán e outro de inverno (neste caso, anorak e traxe de augas), e o calzado adecuado ás condicións climatolóxicas da época anual.

Dous pares de luvas ó mes, como mínimo, e substituiranse aquelas que se deterioren.

Os pactos de negociación sobre cantidade, calidade e duración das roupas de traballo posteriores ás actuais vixentes, realizaranse conxuntamente entre a empresa e o comité.

A roupa de traballo entregarase en horas de traballo nos respectivos cuarteis; ante calquera medida ou proba, seguirase igual proceso. A dita roupa de traballo será entregada pola empresa en cada estación do ano (verán-inverno): inverno, 30 de setembro, e 30 de maio para verán.

Artigo 15º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria que debe interpretar este convenio componse dun membro por cada dous mebros do comité de empresa ou fracción que pertenzan á mesma candidatura sindical, e o mesmo número de representantes por parte da empresa.

A esta comisión correspóndelle a vixilanccia e interpretación do convenio.

A dita comisión queda distribuída da seguinte maneira:

-Cinco membros por parte da empresa.

-Cinco membros por parte do comité de empresa.

Artigo 16º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto neste convenio aplicarase subsidiariamente a ordenanza laboral para a limpeza pública, regas, recollida de lixo, limpeza da rede de sumidoiros e vertedoiros controlados (O. M. do 1 de decembro de 1972) e disposicións posteriores que a desenvolvan, así como tódalas normas laborais de xeral aplicación.

No suposto de derrogación da dita ordenanza e disposicións posteriores, estas incorporaranse ó texto deste convenio.

Artigo 17º.-Garantía do posto de traballo.

O cambio de titularidade da empresa non extinguirá, por si mesmo, a relación laboral, e quedará o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.

Artigo 18º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 39 horas semanais, cun descanso de 30 minutos para bocadillo. Esta xornada distribuirase en tres quendas continuadas, e non existirá xornada partida agás administración, que en período estival a terá continuada.

Establécese unha libranza, para tódolos traballadores, dun sábado ó mes no período vacacional e de dous sábados fóra do dito período.

Os días 24 e 31 de decembro non son laborables para os traballadores de quenda nocturna, con reanudación dos servicios o día seguinte en horario normal.

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

Para tódolos traballadores contratarase, por parte da empresa, unha póliza de seguros individual ou colectiva, que cubra, en caso de morte ou invalidez, unha contía de 3.555.717 ptas.

Artigo 20º.-Desconto da cota sindical en nómina.

A tódolos traballadores que o soliciten, descontaráselles das súas nóminas a cota sindical, a cal se ingresará no número de conta bancaria que determine a central sindical a que estea afiliado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Mentres persista a actual situación de desemprego non se realizarán horas extraordinarias, agás en casos de forza maior. Neste suposto, establécese unha contía, para tódolos traballadores igual a 2.134 ptas por cada hora extraordinaria realizada.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Establécese unha contía, por axuda de custo, de 6.638 ptas. por día. A empresa poderá optar polo aboamento da dita cantidade, ou ben polo pagamento de gastos xustificados.

Artigo 23º.-Festivos.

Aboaranse de acordo co determinado na táboa anexa.

Artigo 24º.-Festividade patronal.

A festividade de San Martiño de Porres, o día 3 de novembro, considérase non laborable para tódolos efectos. En caso de coincidir en festivo ou nun día de difícil aplicación, trasladarase ó mércores posterior ou anterior.

Artigo 25º.-Excedencia laboral.

É a que se concede por un prazo superior a un ano e inferior a cinco, sen que se compute o tempo que dure esta situación, para efectos de aumento por anos de servicio. Deberá serlle solicitada por escrito ó comité de empresa ou membro del ou delegados das seccións sindicais legalmente constituídas. O prazo de concesión ou denegación non poderá exceder de 20 días naturais. A negativa só poderá basearse nas seguintes causas:

a) Prazo perentorio de realización do servicio.

b) Non levar, como mínimo, un ano de servicio na empresa.

c) Ter desfrutada outra excedencia nos cinco anos últimos.

A petición de excedencia voluntaria deberá despacharse favorablemente cando sexa a causa de terminación ou ampliación de estudios, esixencias familiares de carácter ineludible ou outra análoga que sexa acreditada debidamente polo traballador.

Se o traballador non solicitase o reingreso trinta días antes do termo do prazo sinalado para a excedencia, perderá o dereito ó seu posto de traballo na empresa.

O traballador incorporarase automaticamente ó remata-la mencionada excedencia.

Artigo 26º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

20 días por matrimonio.

3 días en caso de nacemento de fillo.

3 días por enfermidade grave ou morte de familiares en primeiro grao (pai, nai, fillos, irmáns, cónxuxe), por consanguinidade ou afinidade.

5 días cando, polo motivo anterior, necesite realizar desprazamento.

2 días por traslado de domicilio habitual.

1 día por morte de tíos, sobriños, etc...

3 días por asuntos propios, logo de comunicación. A comisión paritaria regulará coa empresa o uso dos ditos días, de modo que a súa utilización non impida o normal desenvolvemento desta. Os permisos solicitaranse a través do secretario do comité de empresa ou persoa en quen delegue.

Polo tempo indispensable para a asistencia médica.

Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

1 día por matrimonio de fillos ou irmáns. Fóra da provincia, 3 días.

1 día polo primeiro cabodano de morte de familiares en primeiro grao.

1 día polo bautizo de fillo.

Artigo 27º.-Retirada do permiso de conducir.

Nos supostos de sanción con vehículos da emprea en horas de traballo que supoñan a retirada do carné de conducir, sempre e cando non houbese mala fe ou dolo na consecución dos feitos, a empresa virá obrigada a darlle traballo, sen menoscabo das súas percepcións salariais e polo tempo que dure a retirada do carné.

No suposto de que a dita sanción se produza fóra das horas de traballo, a empresa proporcionaralle outro traballo, e percibirá o salario correspondente á categoría que se lle asigne e polo tempo que dure a retirada do carné de conducir. Este beneficio quedará sen efecto en caso de conducción en estado de embriaguez.

Artigo 28º.-Revisión médica.

A tódolos traballadores efectuaráselles, unha vez ó ano, unha revisión médica completa ou cantas veces sexa necesaria a petición do traballador. Os resultados da revisión seranlle entregados ó traballador.

Artigo 29º.-Compensación por xubilación.

Para aqueles traballadores cun mínimo de 8 anos de antigüidade na empresa, establécense os seguintes premios por compensación da xubilación anticipada:

a) Ós 60 anos : 461.910

b) Ós 61 anos : 404.172

c) Ós 62 anos : 346.443

d) Ós 63 anos : 288.695

e) Ós 64 anos : 230.955

Artigo 30º.-Sancións.

No suposto de que a empresa incoe expediente sancionador, deberá informarlles del ó comité de empresa e delegados das seccións sindicais legalmente constituídas.

Artigo 31º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), a 31 de decembro de 1995 respecto ó 1 de xaneiro de 1995, supere o 3,5%, revisaranse as táboas salariais no exceso que supere tal incremento. As ditas diferencias calcularanse con efectos do 1 de xaneiro de 1994 e aboaranse o 31 de xaneiro de 1996. A dita revisión servirá como base para establece-los salarios de 1996.

Artigo 32º.-Atrasos salariais.

Os atrasos salariais do ano 1995 aboaranse coa nómina do mes de outubro.

Artigo 33º.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.

De conformidade coa lexislación vixente e para aqueles casos en que os traballadores con 64 anos cumpridos desexen acollerse ó contrato por substitución co 100% da súa pensión, a empresa verase obrigada a realizalo e contratará outro traballador mediante un contrato da mesma natureza có extinguido.

No suposto deste artigo, o traballador xubilado terá dereito a percibi-lo estipulado no artigo 29º.

Artigo 34º.-Mantemento de emprego.

A empresa Relusa comprométese a manter, como mínimo, o actual cadro de persoal. No suposto de que un traballador se xubile ou cause baixa por calquera outra natureza, a empresa contratará outro traballador para cubri-la dita vacante.

Artigo 35º.-Previsión de vacantes.

A empresa acepta que tódolos postos de traballo se cubran, en primeiro lugar, de maneira interna e nun prazo máximo de 15 días.

Artigo 36º.-Ascensos.

-Os ascensos realizaranse internamente.

-Terase en conta a antigüidade e as condicións idóneas, e realizarase unha proba para o efecto.

Artigo 37º.-Contratos.

A empresa poderá realizar un primeiro contrato de 12 meses, ó termo do cal o traballador que o supere será fixo, agás ofertas específicas de duración determinada por necesidades de servicio que se lle comunicarán ó comité de empresa.

Artigo 38º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada dos traballadores na empresa Relusa. Os seus membros terán as garantías que prevé o artigo 68 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais e acumularase o crédito

de horas sindicais entre os seus membros e os delegados das seccións sindicais, se o consideran oportuno dentro do mes natural.

Os componentes do comité de empresa ou delegados sindicais disporán dun crédito de 27 horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas para o exercicio das súas funcións.

Quedan excluídas do conxunto destas horas sindicais as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa e as dedicadas a negociación colectiva.

A empresa facilitaralle ó comité de empresa un taboleiro de anuncios por centro de traballo.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais non poderán ser despedidos nin sancionados dentro do período de exercicio das súas funcións, nin nos dous anos seguintes ó termo do seu mandato.

Artigo 39º.-Seccións sindicais.

As centrais sindicais máis representativas segundo o Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical, sempre que obteñan, polo menos o 10% dos votos na elección do comité de empresa ou teñan a dita porcentaxe de afiliados, poderán constituí-la sección sindical no seo da empresa, e outórgaselle a un membro (delegado sindical) as mesmas garantías ca ós membros do comité de empresa; e disporán do mesmo crédito horario, de acordo co sinalado no artigo anterior.

As seccións sindicais poderán:

- Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios.

- Cobra-las cotas sindicais dentro do horario de traballo, sen interrompe-lo proceso productivo.

- Cobra-las cotas sindicais a través da nómina con autorización expresa do interesado.

- Convocar asembleas dentro do centro de traballo.

- Demais disposicións legais vixentes.

Artigo 40º.-Antigüidade.

Anos%

25

410

615

920

1225

1630

1835

2140

2445

2750

3055

3360

A antigüidade percibirase con efectos do 1 de xaneiro do ano no que se cumpran os períodos.

Artigo 41º.-Axuda por falecemento.

A axuda por falecemento, para gastos de enterro, ós herdeiros legais do traballador terá un importe de 230.955 ptas. A empresa cubrirá este custo mediante a contratación dun seguro.

Artigo 42º.-Anticipos reintegrables.

O reintegro do anticipo concedido realizarase nas 15 pagas seguintes.

Artigo 43º.-Plus de nocturnidade.

Segundo táboa anexa.

Artigo 44º.-Cambio de quenda.

A empresa permitirá o cambio de quenda cando os traballadores de igual categoría así o desexen.

Cando quede unha praza libre nalgunha quenda, comunicaráselle ó comité de empresa para que sexa ocupada por algún traballador interesado no cambio.

Artigo 45º.-Incremento salarial.

As táboas salariais confeccionaranse cun incremento do 4,25% sobre os de 1994, nos conceptos de salario bse, plus de transporte e plus de actividade.

Táboa salarial 1995

CategoríaSal. base x

16 pagas

Plus nocturno x

313 12 pagas

Plus Trans. x

16 pagas

Plus Activ. x

12 pagas

Plus Pen. ou

Tox. ou Perig.x

313 12 pagas

Total anual

Xefe servicio119.14611.10316.5287952.531.115

Aux. Admo.115.03013.99821.3682.320.864

Mecánico107.83313.9984.8217192.232.195

Xefe vertedoiro115.03011.1031.1502.378.078

CategoríaSal. base x

16 pagas

Plus nocturno x

313 12 pagas

Plus Trans. x

16 pagas

Plus Activ. x

12 pagas

Plus Pen. ou

Tox. ou Perig.x

313 12 pagas

Total anual

Maquinista107.83311.1111.0782.240.518

Palista107.83311.1111.0782.240.518

Basculista105.51487913.9981.2662.583.577

Capataz conductor115.03011.1035.0977662.319.050

Capataz diurno115.03011.1035.0977662.319.050

Capataz nocturno115.03095811.1035.0977662.618.904

Conductor nocturno107.83389913.9981.9027192.478.554

Conductor diurno107.83313.9981.9027192.197.167

Peón nocturno105.50787911.1038452.405.372

Peón diurno105.50711.1038452.130.245

Limpadora105.50711.10321.9612.130.245

Festivos: 6.602 ptas.

Peóns con traballo en nave: 2.896 ptas. (incrementado no plus de transporte).

Anexo II

Condicións de traballo e Seguridade Social

Principios xerais

Artigo 1º.-A atención da empresa á saúde laboral e a prevención de riscos do traballo será prioritaria sobre calquera aspecto do desenvolvemento das súas actividades.

Artigo 2º.-A empresa dedicará os medios adecuados ás tarefas de seguridade, hixiene e saúde laboral, coa participación dos órganos representativos dos traballadores incluídos na lexislación vixente e acordos establecidos.

As unidades da empresa dedicadas á seguridade, hixiene e saúde laboral ocuparanse das seguintes actividades: seguridade, prevención de accidentes, medicina de traballo, medicina asistencial, medicina preventiva, hixiene industrial e condicións dos postos de traballo, todo iso sen prexuízo da súa adecuación ás normas emanadas da direccion da empresa e ó que en cada momento dispoña a lexislación vixente.

Artigo 3º.-O comité de condicións de traballo e saúde laboral realizará un estudio das condicións de traballo co fin de coñece-los riscos deles. Unha vez coñecidos, avaliaranse estes riscos e proporanlle á empresa as medidas técnicas e organizativas posibles para que desaparezan ou diminúan as condicións que se atopan fóra dos mínimos esixibles pola lei ou as normas internas da empresa.

Para todo traballo que, despois de efectuadas as medicións e análises do apartado anterior, sexa declarado insalubre, penoso, tóxico ou perigoso, poranse os medios técnicos adecuados para que desapareza esa condición, e terán os ditos medios de protección individual un carácter provisional ou complementario.

A empresa dotará a tódolos traballadores dos medios de protección individual adecuados segundo os riscos analizados nos postos de traballo e explicará como debe utilizarse a roupa de protección. Os traballadores terán acceso a toda a información sobre os posibles riscos inherentes ó seu posto de traballo.

Artigo 4º.-Todo accidente de traballo, enfermidade profesional ou outro tipo de dano á saúde do traballador derivado do traballo, será estudiado polo comité de condicións de traballo e saúde laboral, o cal proporá a adopción de tódalas medidas que sexan necesarias para evita-la repetición do dito dano.

Artigo 5º.-O traballador informaralle ó inmediato xefe directo acerca de calquera situación de traballo que, ó seu xuízo, entrañe, por motivos razonables, un perigo grave e inminente para a súa vida, saúde ou as dos seus compañeiros.

O traballador que interrompese o seu traballo por considerar, por motivos razoables, que este entraña un perigo inminente e grave para a súa vida ou saúde ou para a dos seus compañeiros e non puidese demostra-la razoabilidade da súa decisión, non poderá ser sancionado.

O establecido nos parágrafos anteriores enténdese con independencia e sen prexuízo do disposto no artigo

19 do Estatuto dos traballadores, aínda que a empresa oirá o comité de condicións de traballo e saúde laboral antes da adopción de calquera medida.

Artigo 6º.-A participación dos traballadores nas tarefas preventivas efectuarase a través do comité de condicións de traballo e saúde laboral.

Artigo 7º.-A composición do comité de condicións de traballo e saúde laboral será a seguinte:

a) Un presidente elixido polo comité entre os seus membros.

b) Tres (3) representantes dos traballadores elixidos polo comité de emrpesaa.

c) Tres (3) representantes designados pola empresa.

d) Os seguintes vocais, con voz pero sen voto:

-O xefe do servicio médico de empresa ou persoa na que delegue ou, no seu defecto, o médico de empresa ou ATS de maior categoría.

-Un secretario, que será elixido libremente polo propio comité entre o persoal administrativo.

Artigo 8º.-Serán requisitos para ser elixido vocal representante dos traballadores no comité de condicións de traballo e saúde laboral:

a) Pertencer ó cadro de persoal da empresa con, polo menos, dous anos de antigüidade.

b) Posuír unha formación xeral mínima previa e uns elementais coñecementos básicos de seguridade, hixiene e saúde laboral que posibiliten a súa eficaz preparación específica nas materias necesarias para o desenvolvemento do seu cargo.

Os vocais representantes dos traballadores do comité de condicións de traballo e saúde laboral recibirán, de forma inmediata á súa toma de posesión, a formación especializada en materia de seguridade, hixiene e prevención de riscos profesionais necesarios para o desempeño do seu cargo. Estas ensinanzas serán programadas e impartidas por persoal técnico da propia empresa ou por organismos ou entidades especializadas concertados pola empresa. Os ditos cursiños efectuaranse dentro da xornada laboral ou noutras horas; neste caso, descontarase da xornada laboral o tempo investido neste.

A duración do mandato dos representantes dos traballadores no comité de condicións de traballo e saúde laboral será de catro anos.

O dito mandato rematará por algunha das seguintes causas:

a) Por transcurso dos catro anos.

b) Por renovación acordada polo comité de empresa.

c) Por renuncia do cargo.

Artigo 9º.-O comité de condicións de traballo e saúde laboral reunirase unha vez ó mes e sempre que as circunstancias extraordinarias así o aconsellen.

As horas empregadas en reunións ou actuacións do comité serán consideradas como de traballo.

O comité de condicións de traballo e saúde laboral elaborará un regulamento de funcionamento interno, do cal se lles remitirá unha copia á empresa e ó comité de empresa.

Artigo 10º.-Serán cometidos específicos do comité de condicións de traballo e saúde laboral:

1.-Cooperar coa dirección da empresa na elaboración de posta en práctica dos plans e programas de prevención dos riscos profesionais, así como o de análise e valoración, en tódolos aspectos, dos postos de traballo.

2.-Colaborar cos servicios técnicos e médicos na explotación no ámbito da seguridade, hixiene e saúde laboral.

3.-Fomenta-la participación dos traballadores nos plans e programas de seguridade, hixiene e saúde laboral e promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos profesionais.

4.-Coñecer directamente a situación en canto á seguridade, hixiene e saúde laboral na explotación, mediante visita ós distintos postos de traballo.

5.-Coñecer cantos documentos e informes relativos ás condicións de traballo sexan de relevancia para o cumprimento das súas funcións.

6.-Coñecer e informar, antes da súa posta en práctica e no referente á súa incidencia na seguridade, hixiene e saúde laboral, acerca dos novos métodos de traballo e as modificacións en locais e instalacións.

7.-Investiga-los accidentes de traballo e as enfermidades profesionais ocorridas na explotación, co obxecto de valora-las súas causas e circunstancias e propo-las medidas correctoras adaptadas ás súas circunstancias e propoñe-as medidas necesarias para evita-la súa repetición

8.-Vixiar e controla-la observación das medidas legais e regulamentarias, de seguridade, hixiene e saúde laboral, informando ó empresario das deficiencias existentes para que proceda á súa corrección.

9.-Requirir á dirección da empresa, por escrito, cando aprecie unha posibilidade grave de accidente por inobservancia das normas aplicables na materia, con proposta das medidas oportunas para a desaparición da situación de risco.

10.-Solicitar da dirección da empresa ou, se é o caso, acorda-los termos do artigo 19 do Estatuto dos traballadores, a paralización dos labores ou traballo se o risco de accidentes fose inminente, e comunicarllo logo ó empresario e á autoridade competente, referido á totalidade dos centros de traballo afectados.

11.-Informar periodicamente á dirección da empresa e ó comité da empresa sobre as súas actuacións.

12.-Estudiar e, se é o caso, resolve-las discrepancias entre a empresa e os traballadores xurdida como consecuencia das normas sobre a interrupción de traballo en situación de perigo.

13.-Recibir información dos incidntes que poidan producirse nas instalacións da empresa.

Artigo 11º.-O comité de condicións de traballo e saúde laboral elaborará o plan xeral de saúde laboral, que constará dun plan xeral de prevención e dun plan de medicina preventiva e asistencial co coñecemento e colaboración dos traballadores, a través dos seus órganos de representación.

Artigo 12º.-Tódolos traballadores disporán de duchas e servicios nos vestiarios, así como armarios onde garda-las roupas e pertenzas.

Artigo 13º.-Cada local dos traballadores e camión de servicio disporá da súa corresponente botica de urxencias.

0002