Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia o concurso público 1/1996 para a adquisición de medicamentos para o Hospital Xeral de Vigo.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucions que

lle foron delegadas conforme o establecido na orde comunicada do 24 de novembro de 1995 do presidente do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1.-Servicio que adxudica o contrato: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, r/ Pizarro 22. Vigo C.P. 36204. Teléfono (986) 81 60 23, fax (986) 81 60 65.

2.- Modalidade da adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

3.-a) Lugar da entrega da subministracion: Hospital Xeral de Vigo.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: medicamentos relacionados no prego de prescripcións técnicas por principios activos.

-Orzamento total: trescentos oitenta e seis millóns novecentas corenta e un mil setecentas pesetas (386.941.700 ptas), IVE incluido.

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministracion requirida: licitación por unha ou varias partes da subministración.

4.-Prazo da entrega eventualmente imposto: inmediato desde a formalización do contrato.

5.-a) Obtención do prego de condicions e dos documentos complementarios: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, Servicio do Subministracións, planta 0, r/ Pizarro 22, Vigo C.P. 36204. Teléfono (986) 81 60 23, fax (986) 81 60 65

b) Data límite para solicitar os documentos: 5 de febreiro de 1996.

c) Importe da documentación: 500 pesetas.

Modalidade de pagamento: en efectivo ou por xiro postal.

6.-a) Data límite da recepción das ofertas: 12 de febreiro de 1996.

b) Dirección a que se deben dirixir: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, Servicio de Subministracións, planta 0, Vigo, C.P. 36204. Teléfono (986) 81 60 23, fax (986) 81 60 65.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7.-a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: 23 de febreiro de 1996, as 10 horas na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, r/ Pizarro 22, Vigo.

8.-Fianzas e garantías exixidas:

-Fianza provisional: 2% do orzamento base de licitación dos lotes ós que se presenten, en pesetas.

-Fianza definitiva: 4% do orzamento base de licitación dos lotes adxudicados, en pesetas.

9.-Modalidades esenciais de financiación e pagamento: prezo ou importe do contrato.

10.-Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de proveedores: ver prego de condicións.

11.-Condicions mínimas de carácter económico e técnico que deberán reuni-los proveedores: ver prego de claúsulas administrativas particulares.

12.-Prazo durante o cal o licitador queda vinculado a sua oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

13.-Criterios que serán empregados para adxudicar o contrato: ver prego de claúsulas administrativas.

14.-Outras informacions: ver prego de condicións.

15.-Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 22 de decembro de 1995.

16.-Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletins oficiais correrá por conta do/s adxudicatario/s.

Vigo, 15 de decembro do 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273