Obra: unidade de rehabilitación no Hospital Provincial de Conxo-Santiago de Compostela (A Coruña).
Orzamento da contrata: 58.950.070 ptas.
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación do contratista: grupo I-J-C; subgrupo 6-2-2; categoría b-c-d
Fianza definitiva: 2.358.003 ptas.
Forma de tramitación: urxente.
Variantes do proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos.
Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimientos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica.
Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións.
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no Art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores.
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.
-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.
-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
Criterios de adxudicación.
Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Apertura de proposicións.
Será realizada polo mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.
Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1995.
P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
8504